Unha visita guiada con Viki Rivadulla para coñecer as Mouras

Este sábado 11 de abril teremos a posibilidade de coñecer de primeira man as fontes de "Onde habitan as Mouras: cartografías de nós".

A Sala de Exposicións Antón Mouzo da Casa da Cultura de Vimianzo acolle a visita guiada á exposición de Viki Rivadulla, ás 18:30h, na que a autora muxiá debullará as imaxes e formas que a protagonizan, como fixo na inauguración. 

A mostra poderá visitarse ata o 19 de abril.

  • De luns a venres: de 9:00 a 14:00 h e de 16:00 a 20:00 h
  • Sábados: de 9:00 a 14:00 h e de 20:00 a 22:00 h

Máis novas de Viki