mércores. 30.04.2025
El tiempo

Viki Rivadulla gaña o certame Bienal Balconadas 2024

Lona de Viki Rivadulla ganadora da Balconada de Betanzos 2024
Viki Rivadulla gaña o certame Bienal Balconadas 2024

Como nos alegra ver que as artistas locais triunfan polo país. Así acontece con Viki Rivadulla, agochada no seu propio Concello, pero que deslumbra alá por onde vai. Vén de levar o primeiro premio do certame VIII Bienal Balconadas 2024, promovido polo Concello de Betanzos. A obra “A moura do Mandeo”correspondente á balconada número 48, foi a escollida polo xurado entre as 101 obras que foron seleccionadas para “colgar” nos balcóns das rúas desta zona e convertelas nun auténtico museo ao aire libre.

As obras, na seu maior parte, proceden do catro provincias galegas, aínda que tamén hai presenza de moitas comunidades autónomas de España: Valencia, Pais Vasco, Cataluña, Madrid, Asturias, Canarias… mesmo de varios países europeos.

Estarán expostas ata o 31 de agosto nos balcóns das rúas do centro histórico, e a Dirección da Bienal resérvase a decisión de aumentar o tempo de exposición.

O premio ten unha dotación económica de 5000 euros e a entrega será o 13 de agosto.

Novas relacionadas

Artigos de VIKI RIVADULLA EN QPC

Comentarios