As 22 curtametraxes, moitas da Costa da Morte, que competirán polos galardóns dos IV Premios Fouciño
Cada vez queda menos para a esperada IV edición do festival Premios Fouciño de Baio. A finde do 1 e 2 de novembro Baio convertirase na capital do audiovisual galego, nunha cita que trata e poñer en valor o talento local. De feito, na categoría escolar hai destaca unha nutrida representación de institutos da Costa da Morte.
A organización seleccionou 22 pezas das 65 presentadas a concurso.
Estas curtas serán proxectadas o sábado 2 de novembro a partir das 18:00h en Baio, onde serán valoradas polo público e tamén polo xurado profesional, que deberán outorgar tres premios: Categoría Xeral (1.000€), Categoría Escolar (500€) e Premio do Público (200€).
Logo das proxeccións, haberá unha gala de entrega de premios na Praza Jorge Mira con concertos de Caamaño&Ameixeiras, Pantis, Copa Turbo e Afundín Jamallos.
Categoría xeral
O certame conta con dúas categorías. A categoría xeral, aberta a cineastas profesionais e non profesionais, achega 10 das finalistas. Estes son:
- Señora, por favor, de María Aragón e Alma Alonso;
- Espantos e desencantos, de Ariadna Silva Fernández;
- Vaivéns meteorolóxicos na vila da Guarda, de Miguel Flores da Costa e Manuela Pereira Enríquez;
- Taquión, de Miguel Barcia;
- Homes Traxe, de Rebeca Tella e Daniel Filloy;
- Sainte Agathe, de Juan Ares Pérez;
- Natacha con chocolate, de Sandra Ramilo Rodo;
- Moialde, no ronsel do tempo, de Yago Guirado Rodríguez;
- Eu quero unha pipa, de Candela Conde López; e
- O sole mio, de Xoán Fernández Diz.
Categoría escolar
A categoría escolar, para centros de ensino galegos, componse de 12 finalistas. As pezas seleccionadas son:
- Unha verdade desagradable, do I.E.S. Poeta Añón (Outes);
- Catro Estacións, do IES Valadares (Valadares, Vigo);
- Misión fallida, do IES Isidro Parga Pondal (Carballo);
- Educando na diversidade, do IES Maximino Romero de Lema (Baio, Zas);
- A little effort (Un pequeno esforzo), do IES Pedra da Aguia (Ponte do Porto, Camariñas);
- A princesa e o condenado, do IES Frei Martín Sarmiento (Pontevedra);
- No Labarta, do CEIP Labarta Pose (Baio, Zas);
- Un guión de cinema, do IES Agra do Orzán (Coruña);
- O Vakner, do IES Agra de Raíces (Cee);
- XÉMINIS, do IES Urbano Lugrís (Malpica);
- Ataque te pánico. Un, dous, tres, do CPI Cabo da Area (Laxe);
- Posesión na escola, do CPI As Revoltas (Cabana).
Ademais do concurso, os Premios Fouciño realizarán unha serie de actividades ao longo da semana, do 30 de outubro ao 2 de novembro. Pódese consultar a programación completa en https://premiosfoucino.concellodezas.org/ ou nas redes sociais do festival (@premiosfoucino)