Sábado. 07.09.2024
El tiempo

O talento local será o protagonista dos IV Premios Fouciño

Premios Foucino no Encontro_Atlantico_Festivais_Cinema-Zas
Presentando os Premios Fouciño
O talento local será o protagonista dos IV Premios Fouciño

Aproveitou a familia dos Premios Fouciño o Encontro Atlántico de Festivais de Cinema, organizado en Zas pola coordinadora galega de festivais, Proxecta, para facer a presentación do completo programa da súa cuarta edición. O festival, que encherá Baio de filmes e música dende o 30 de outubro ao 2 de novembro, arrinca así unha nova etapa por darlle un protagonismo total ás curtametraxes, cunha selección de pezas destacadas do cinema galego recente que se proxectará fóra de competición, e que trata temáticas sociais como a memoria histórica, a emigración, a prostitución ou o furtivismo desde perspectivas persoais e orixinais. 

O festival, que naceu en 2016, ten como un dos seus obxectivos dinamizar a comarca achegando unha programación innovadora e vangardista á Costa da Morte

A organización soneirá salientou que os eixos da programación son a aposta polas novas creadoras, e o concepto de proximidade. “Cinema de proximidade é aquel que facemos co que temos a man, ben sexa a nivel de historias ou de medios. Ese é o espírito do Fouciño Sanguento, aquel proxecto que un grupo de rapaces de Baio levou adiante e se converteu na primeira película realizada na Costa da Morte. E tamén é o espírito que lle intentamos inculcar ao alumnado dos institutos nos que durante este ano realizamos obradoiros de audiovisual. Este concepto de proximidade tamén pode abarcar, desde o lado dun festival, achegar o cinema a un pobo coma Baio, que xa hai moitos anos que non conta cunha sala onde a veciñanza poida ver películas coma un acto social”. 

Familia dos Premios Foucino de Baio-Zas
Familia dos Premios Fouciño co alcalde Lolo Muíño e o concelleiro Lito Velo 

O programa tamén inclúe a proxección das curtas presentadas a concurso, así coma unha serie de actividades musicais que se expandirán durante os catro días e culminarán na gran festa final do sábado, na que actuarán Caamaño&Ameixeiras, Copa Turbo, Pantis e Afundín Jamallos; un cartel que se nutre en boa medida de talento local. 

O festival botará a andar o mércores 30 de outubro coa proxección de Segunda II, curtametraxe protagonizada por unha muller de Coristanco que viviu a súa vida coa determinación e personalidade dos emperadores romanos que conquistaron o mundo. Despois do pase haberá un coloquio coa directora, Anita Pico, e a protagonista, Segunda García. O acto rematará cunha actuación musical da cantautora compostelá Gloria Pavía xunto co baixista Rafa Morales. 

Programa

Cartel Premios Foucino 2024

Programa Premios Foucino 2024

Máis novas dos Fouciño

 

Comentarios