mércores. 30.04.2025
El tiempo

As 22 curtametraxes, moitas da Costa da Morte, que competirán polos galardóns dos IV Premios Fouciño

QPC colabora cos Premios Foucino
QPC colabora cos Premios Fouciño
As 22 curtametraxes, moitas da Costa da Morte, que competirán polos galardóns dos IV Premios Fouciño

Cada vez queda menos para a esperada IV edición do festival Premios Fouciño de Baio. A finde do 1 e 2 de novembro Baio convertirase na capital do audiovisual galego, nunha cita que trata e poñer en valor o talento local. De feito, na categoría escolar hai destaca unha nutrida representación de institutos da Costa da Morte.

A organización seleccionou 22 pezas das 65 presentadas a concurso.
Estas curtas serán proxectadas o sábado 2 de novembro a partir das 18:00h en Baio, onde serán valoradas polo público e tamén polo xurado profesional, que deberán outorgar tres premios: Categoría Xeral (1.000€), Categoría Escolar (500€) e Premio do Público (200€).

Logo das proxeccións, haberá unha gala de entrega de premios na Praza Jorge Mira con concertos de Caamaño&Ameixeiras, Pantis, Copa Turbo e Afundín Jamallos.

Categoría xeral

O certame conta con dúas categorías. A categoría xeral, aberta a cineastas profesionais e non profesionais, achega 10 das finalistas. Estes son:

  • Señora, por favor, de María Aragón e Alma Alonso;
  • Espantos e desencantos, de Ariadna Silva Fernández;
  • Vaivéns meteorolóxicos na vila da Guarda, de Miguel Flores da Costa e Manuela Pereira Enríquez;
  • Taquión, de Miguel Barcia;
  • Homes Traxe, de Rebeca Tella e Daniel Filloy;
  • Sainte Agathe, de Juan Ares Pérez;
  • Natacha con chocolate, de Sandra Ramilo Rodo;
  • Moialde, no ronsel do tempo, de Yago Guirado Rodríguez;
  • Eu quero unha pipa, de Candela Conde López; e
  • O sole mio, de Xoán Fernández Diz.

Categoría escolar

A categoría escolar, para centros de ensino galegos, componse de 12 finalistas. As pezas seleccionadas son:

  • Unha verdade desagradable, do I.E.S. Poeta Añón (Outes);
  • Catro Estacións, do IES Valadares (Valadares, Vigo);
  • Misión fallida, do IES Isidro Parga Pondal (Carballo);
  • Educando na diversidade, do IES Maximino Romero de Lema (Baio, Zas);
  • A little effort (Un pequeno esforzo), do IES Pedra da Aguia (Ponte do Porto, Camariñas);
  • A princesa e o condenado, do IES Frei Martín Sarmiento (Pontevedra);
  • No Labarta, do CEIP Labarta Pose (Baio, Zas);
  • Un guión de cinema, do IES Agra do Orzán (Coruña);
  • O Vakner, do IES Agra de Raíces (Cee);
  • XÉMINIS, do IES Urbano Lugrís (Malpica);
  • Ataque te pánico. Un, dous, tres, do CPI Cabo da Area (Laxe);
  • Posesión na escola, do CPI As Revoltas (Cabana).

Ademais do concurso, os Premios Fouciño realizarán unha serie de actividades ao longo da semana, do 30 de outubro ao 2 de novembro. Pódese consultar a programación completa en https://premiosfoucino.concellodezas.org/ ou nas redes sociais do festival (@premiosfoucino)

Máis novas dos Fouciño

Comentarios