mércores. 30.04.2025
El tiempo

A Coral Xan Mella celebra o éxito do Encontro cunha boa cachela de San Xoán

A Coral Xan Mella celebra o éxito do Encontro cunha boa cachela de San Xoán

De éxito total se pode calificar o IX Encontro de corais que se celebrou en Baio o pasado sábado. Coa igrexa nova ateigada de xente, e coa presencia dos alcaldes de Salceda de Caselas e de Zas, as catro agrupacións polifónicas chegados de Rianxo, das Pontes e de Entenza, ofreceron unha velada moi variada na que se foron intercalando habaneras, cantigas galegas, boleros e ata temas pop.
Ao remate os agasallos de rigor e un cariño moi especial para Dona Carme Riveiro, presidenta dos Amigos do Liño de Baio, de parte da AMC Pepe Valiña por regalarlles o tecido do liño das camisas que estraban esa noite os homes da Coral Xan Mella.

Unha vez máis se fixo realidade o proverbio alemán "Onde escoites cantar senta tranquilamente, os malvados non teñen cancións".

Cachela de San Xoán

E para celebralo, AMC Pepe Valiña-Coral Xan Mella de Baio organizará para este mércores 23 de xuño a tradicional cachela de San Xoán. A festa comezará ás 21:00h na Praza Braulio Astray, con sardiñada e broa de balde.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios