Actividades de verán en Zas

09:18 26/07/11
O Concello de Zas ten programadas varias actividades, dentro do programa cultural de verán, que se están a desenvolver ou se desenvolverán no concello durante os vindeiros días.
A primeira nova fai referenza ao campamento de verán. O pasado xoves, 21 de xullo, chegaban os trinta e oito nenos e nenas que participaban no campamento que se desenvolveu a pasada semana, no que tiveron a oportunidade de pasar dúas noites fóra da casa. Os participantes tiveron a oportunidade de realizar actividades como escalada, tirolina, paintball, tiro con arco, ponte tibetana, sendeirismo ou velada.
Vindeiras citas
En canto á vindeiras citas, está programada unha excursión ao Aquapark de Cerceda o xoves 28 de xullo. O día 30 levarase a cabo unha sesión do curso de Tiro con arco, no campo de fútbol de Zas en horario de 11:00h a 13:30h. Todas estas actividades constitúen a previa á Semana Cultural , que dará comezo o día 31 de xullo e rematará o 7 de agosto coa Festa da Carballeira.

Novas relacionadas
- Zas prepara a súa Semana Cultural pensando xa na Carballeira.
- Folk e Festa para a Carballeira de Zas.
- Zas abre un completo programa de actividades de cara ao verán.
- O San Roque de Mira será o cuarto sábado de agosto.
- Obradoiros, xogos, deportes e informática no Diververán de Zas.
- O San Roque de Mira será o cuarto sábado de agosto.
Fonte
- Nota de prensa do Concello de Zas.