Venres. 29.03.2024
El tiempo

Adro prepara unha noite de Samaín de acampada especial

velada-acampada-samain
Adro prepara unha noite de Samaín de acampada especial

A Asociación Cultural Adro celebrará este ano o Samaín dun xeito moi especial. O sábado 2 de novembro realizarán unha velada con acampada incluída no pavillón deportivo de Baio. Esta é unha actividade dirixida a nenos e nenas de entre 6 e 13 anos. 

Para participar será necesario levar un saco de durmir, esterilla e almofada; roupa cómoda, lanternas e taza e culler para o almorzo. Os móbiles e outros aparellos electrónicos deberán quedar na casa!.

Os/as interesados/as en participar poden anotarse ata o 26 de outubro a través do número de teléfono 645 86 70 46 e ten un custo de 2€ para socios/as e 5€ para non socios/As. 

Comentarios