Xoves. 28.03.2024
El tiempo

O Concello de Zas dará unha axuda de 1000€ aos autónomos/as afectados/as pola crise do COVID-19

O Concello de Zas dará unha axuda de 1000€ aos autónomos/as afectados/as pola crise do COVID-19

No marco desta desescalada, está nas mans dos Concellos meter unha man aos seus sectores. Nesa liña vai a concreta axuda do Concello de Zas, enmarcada nun Plan de Revitalización da Economía Local no que están traballado. Trátase dunha axuda de 1.000€ para @s autónomos/as que se viron obrigados/as a pechar o seu negocio polo estado de alarma ou que estivesen obrigados a abrir e tiveran unha caída de ingresos do 75%. O total desta primeira liña de axudas ascende inicialmente a 150.000 euros.

O alcalde Manuel Muíño aproveita para esixir ao Goberno do Estado autorice aos municipios a dispoñer dunha parte do remantente de tesourería, que no caso zaseiro supera os 3 millóns de euros - ou ben do superávit do exercicio 2019 que neste concello foi de máis de 800.000 euros.

Comentarios