Martes. 19.03.2024
El tiempo

O CPI de Zas converteuse nunha Diverescola

Diverescola o CPI de Zas 2
Diverescola o CPI de Zas 2
O CPI de Zas converteuse nunha Diverescola

Nova acción de Íntegro de normalización da diversidade no ensino. Desta volta foron os alumnos/as de infantil e primaria do CPI de Zas os que se convertiron nos protagonistas indiscutibles da nova edición da Diverescola, unha iniciativa promovida por Íntegro, no marco do programa Capacíta-T.

Durante algo máis de dúas horas, as aulas do centro educativo mudaron de aspecto para acoller divertidísimos circuítos de obstáculos e sorprendentes historias de vida esuperación a través dos contos e a lectura. Ao longo da mañá, a monitora de ocio e tempo de lecer, Lucía Blanco, levou a cabo varias sesións infantís para explicar aos máis pequenos/as en que consiste a diversidade e a inclusión.

E para que todos/as o entenderan á perfección, realizáronse algúns obradoiros de artes manuais empregando aquelas partes do corpo que non utilizamos con frecuencia e as clásicas probas de mobilidade cos ollos tapados que lles permitiron poñerse, por uns minutos, na pel das persoas con diversidade funcional. E, ao igual que eles, con empeño e constancia foron superando unha a unha todos os obstáculos e atrancos que ían atopando polo camiño.

Diverescola o CPI de Zas

Comentarios