Domingo. 16.06.2019
El tiempo

Elas que convirten a tradición en modernidade

Elas que convirten a tradición en modernidade
Sés e Benedicta no IES de Baio no proxecto Ao son delas Sés e Benedicta no IES de Baio no proxecto Ao son delas

Emoción, reivindicación, tradición, cultura, liberdade, modernidade, loita… Palabras chave que trata, en feminino, o ciclo de encontos “Ao son delas”, organizado polo alumnado de Artes Escénicas e Xestión Cultural do IES Maximino Romero de Lema de Baio, Zas. Un ciclo que forma parte dun proxecto máis amplo, "Feminino Plural”, e que onte, despois da visita de Guadi Galego, tivo outra parada orgullosa da nosa terra.

Os alumnos quixeron xuntar nun mesmo faladoiro, nun mesmo escenario, tradición e modernidade. Benedicta Tomé, unha labrega- pandereteira do Couto de Muíño, en Zas, e Sés, a máis que coñecida artista e activista da música de Bergantiños, demostraron que a terra e pola súa identidade cultural maridan á perfección.

Os alumnxs de Baio os protagonistas Os alumnxs de Baio, os grandes protagonistas Sandro e Eloi con Benedicta e Ses Sandro e Eloi con Benedicta e Sés

Foi unha “xornada inesquecible de aprendizaxe colectivo a través do debate e da música” para o alumnado (dos grupos de Xestión Cultural, de Imaxe e Son, da Revista e de Vintenbaio), que cando fai cousas, víveas con moito máis interese que se llas dan feitas. Un proxecto que está convertindo o centro baiés nun auténtico “Contedor Cultural e un referente para a comunidade”.

En marzo haberá outro faladoiro coa Banda da Loba.

https://www.facebook.com/asociacionculturaladro/videos/789239914619628/

As mulleres regueifeiras reúnense nas Cruces

Participará tamén o alumnado de Baio no II Encontro de Mulleres Repentistas da Galiza, que se celebra este sábado, 24 de febreiro en Vila de Cruces, organizado pola comunidade educativa do IES Marco do Camballón. O centro está a impulsar a improvisación oral en verso xunto ao IES de Baio através do Proxecto Regueifesta e con este Encontro quere facilitar ao alumnado do Camballón unha experiencia de organización e autoxestión.

Neste Encontro, que ten como obxectivo visualizar a nova xeración de improvisadoras da Nova Regueifa Feminista e servir de foro de reunión para as protagonistas deste movemento, achegaranse a Vila de Cruces máis de quince repentistas de todo o país.

No espectáculo participarán regueifeiras locais como Nuria das Cruzes ou Lorena Medela, ao lado doutras repentistas como Alba María, Sara Marchena, Sofia, a Gharota da Ribeira, Marisa Otero, Pia Lago, Lara do Ar, Silvinha, Aurora Redondo, Olaia Liñares ou Joana Santos Vilela e Estrela do Courel, crianzas do Clube de Regueifa da Escola Semente de Compostela.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios