Martes. 07.05.2024
El tiempo

Exposición, contacontos e marcapáxinas en Zas polas Letras Galegas

Exposición, contacontos e marcapáxinas en Zas polas Letras Galegas

As exposicións e o II Concurso de Marcapáxinas será un dos protagonistas do programa cultural polas Letras Galegas do Concello de Zas. Un programa que artella a Biblioteca Municipal, que convocou este concurso no que poden participar todos os alumnos dos centros de ensino do Concello así como os adultos. Establécense 3 categorías (benxamín, infantil, xuvenil).

Ademais, as citas culturais xa comezaron este pasado martes coa habitual xa en Zas, sesión de contacontos coa Compañía Trinke Trinke, pero que continúa esta fin de semana.

  • Sábado 14 de Maio: Entrega de Premios do III Concurso de Marcapáxinas. No Centro socio-Cultural ás 18.30h e haberá Foliada Tradicional coa participación do grupo Churía da A.C. Castro Meda.
  • Mércores 18 de Maio: A Locamotora Teatro: O tenderete da cachifallada:
    - Ás 11.00h no Auditorio do Concello;
    - Ás 15.00h no Auditorio de Baio.
  • Venres 20 de Maio: Teatrovador: Hamelin BomBom:
    - Ás 11.00h no Auditorio do concello;
    - Ás 15.00h no Auditorio de Baio.
  • Martes 24 de Maio: Sesión de Contacontos, a cargo da Compañía do Trinke Trinke. Na Biblioteca Municipal (18.15 h).

Exposicións

As dúas exposicións están ata o 13 de maio no Centro Sociocultural de Baio e do día 16 de maio ao 3 de xuño no Centro Sociocultural de Zas.

"Vínculos solidarios entre mulleres" é unha exposición que intenta xerar espazos de diálogo entre organizacións de mulleres de España, América Latina e África, co fin de sensibilizar sobre a súa situación nos seus respectivos ámbitos locais e promover o establecemento de alianzas e vínculos solidarios entre mullers do Norte e do Sur e a consolidación de redes de mulleres actoras do desenvolvemento para o intercambio de experiencias e propostas.
Colabora na organización a Fundación Axuda en Acción.

"A Campaña Mundial pola Educación" aparca en Zas. A CME xurdiu como un movemento da sociedade civil para dar seguimento aos 6 obxectivos de Educación para Todos e Todas (EPT) acordados polos participantes no Foro Mundial sobre a Educación celebrado en Dakar, Senegal en abril de 2000.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios