O IES de Baio recibe outro premio autonómico por un xogo virtual

Non para de recibir recoñecementos a familia do IES Maximino Romero de Lema. Aínda este xoves facían entrega ao alumnado dos premios "O meu libro favorito 2024 Galicia”. Onte venres, tocoulle coñecer as bondades dos premios ao alumnado de 3º e 4º da ESO, Irene e Sofía Fernández Paulos. As dúas, xunto co pais nais e persoal non docente do centro, participaron no proxecto “Miño en Xogo” que combina tradición e modernidade.

Coordinados polos premiadísimos mestres Fina Paulos Lareo e Óscar Manuel Rey Calo, xunto cos Judith Carbajo Vázquez, Xosé Francisco Velo Quintela, recibiron no GaiasTech o premio “Xigante Argalleiro”. Un premio foi convocado por argallando.gal unha iniciativa da Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galicia e do Colexio Profesional de Enxeñería Informática de Galicia.

O vídeo creado polo centro premiou o proxecto que, con carácter global, destaca sobre os demais polo seu enfoque, nivel de execución e creatividade.
O reto consistiu en construír un xogo co que pretendemos facer un percorrido pola Historia, Xeografía e Patrimonio de Galicia seguindo o leito do río Miño, así coma traballar a igualdade e diversidade entre o alumnado.
O obxectivo principal do xogo é empregar a tecnoloxía para construír un xogo tradicional que fomente a cultura e tradición galegas e a igualdade entre homes e mulleres.

Dende Baio agradecen o apoio recibido dende a aula Cemit de Fisterra, a aula de referencia coa que traballaron neste proxecto, en especial a Alicia, a súa coordinadora. E aquí podedes ver o resultado:

Proceso de creación

Máis novas do IES