A aposta audiovisual permite a dúas alumnas do IES de Baio gozar da experiencia do Festival FOCO

Segue percorrendo o estado o IES Maximino Romero de Lema gracias á súa aposta pola Intellixencia Artificial aplicada ao ensino. Desta volta foron dúas alumnas de primeiro de Bacharelato, Yamila Vigo Landeira e Sonia Vázquez Tomé, e dous mestres, Fina Paulos Lareo e Óscar Manuel Rey Calo, os que acudiron ó Festival de curtametraxes Foco 24 de Fuente Objejuna en Córdoba.
Fixérono coa curta “Precursoras en la lucha por la igualdad”, traballo destinado a promover a igualdade entre homes e mulleres e a non violencia.
Esta curta, que foi seleccionada para o festival na categoría de campaña entre máis de 100 curtas candidatas, fai uso da intelixencia artificial para promover a igualdade.
As protoganistas da peza “entrevistan” dende Radio Baio, a Clara Campoamor e Emilia Pardo Bazán, para que coñecer como era a loita pola igualdade na época destas dúas persoeiras, loitadoras polos dereitos da muller nos seus distintos contextos históricos.
Finalmente, “Precursoras en la lucha por la igualdad” non poido acadar o premio pero, pero aí quedou a increíble experiencia que Yamila e Sonia recibiron no festival, participando con alumnado de distintas partes de España en actividades organizadas dende o xoves 17 ó 20 de outubro.
As alumnas conviviron cunha familia local que as acolleron nas súas casas durante estos días e viviron unha experiencia única de participar nun festival de cine educativo como FOCO. O premio xa foi, sen dúbida, que Yamila e Sonia acudiran a este evento educativo do audiovisual que reuníu a moitos centros de España.