Os alumnos de Baio pasan do Bravú ao liño

Do Bravú ao liño. Así de diversa é a formación que reciben os alumnos IES Maximino Romero de Lema de Baio (Zas). Gracias á implicación de mestres e pais e nais, poden ir coñecendo cousas alén dos libros, e no noso arredor hai moitas cousas que levar adiante.

Esta semana, un grupo de 4º ESO, acompañados polos profesores Ana Martínez e Antonio Díaz Amor, realizaron onte unha visita ao obradoiro-exposición que os Amigos do Liño teñen no Castelo de Vimianzo para escoitar as explicacións de Carme Riveiro sobre o proceso de manufacturación das prendas de liño.

A presidenta da asociación fixo unha didáctica exposición percorrendo todo o proceso dende que a planta é sementada ata chegar á prenda elaborada, incidindo non só en cuestións procedimentais senón tamén en cuestións, éticas, estéticas e económicas.

A actividade está encuadrada nun proxecto interdisciplinar chamado "A paisaxe agraria na Terra de Soneira" na que participan varios departamento do IES baiés.

Novas relacionadas

Máis novas do centro baiés

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).
  • Información e Fotos de Antonio Coté, membro da Comisión de Cultura do IES Maximino Romero de Lema de Baio-Zas.