Sábado. 20.04.2024
El tiempo

O IES de Baio aprende en todas as frontes

O IES de Baio aprende en todas as frontes
Menudo Auditorio no IES de Baio-Foto-Santi Diaz

Impresionantes as primeiras xornadas da VIII Semana Cultural do IES Maximino Romero de Lema de Baio. I é que non extraña ver rapaces facendo de auténticos xornalistas e fotógrafos, dada a calidade das actividades formativas deste centro.

Durante estes días pasaron verdadeiros emblemas da cultura do no país, que fixeron que os alumnos de Baio puidesen tomar boa nota de quen sabe.

Neira Vilas e Candido Pazo fixeron un completo-Foto-Santi Diaz

Por exemplo, puideron dun veciño, o bo de Xose Mª Lema Suárez, que falou do seu novo libro "Costa do solpor", levando de viaxe aos mozos pola antiga costa dos piratas.
A ritmo de música chegaron Olga Kirk e Pablo Díaz, recordando a memoria viva a ritmo de pandeireta co "Cancioneiro de Cabana".

Preciosa foi a conexión entre dous grandes do teatro e a literatura galega. Cándido Pazó representou a mítica obra de Xosé Neira Vilas "Memorias dun neno labrego" para deleite dos alumnos, e para o propio deleite do autor, que tamén estivo cos rapaces compartindo as súas millóns de experiencias de vida.

Quedaron abraidos os mozos cas fotos africanas do fotógrafo Gabriel Tizón, que abríu as chamadas "Merendas Conversas", que permitiron aos alumnos coñecer os costumes de distintos puntos do planeta: Nigeria, O Sahara, Arxentina, Suiza, Bielorrusia... entre outros con Tatiana Pankrátova e a súa prima Aksana, dúas bielorrusas xa case baiesas.

Lema Suarez e Gabriel Tizon no IES de Baio-Fotos-Santi Diaz

O martes comezaba en portugués co mestre Bernardo Penabade e o seu ciclo "Portugués Exprés".
E chegaba unha das citas que máis impresionou aos cativos, a visita dos membros de Íntegro. Parte do equipo da entidade, Noelia Barreira (terapeuta ocupacional), María Paz (educadora social) e o presidente de INTEGRO, Adolfo López, acompañados en esta ocasión por Manuel Caramés Canosa, atleta de handbike (bicicleta impulsada coas mans) achegaron a diversidade funcional (discapacidade). A idea era amosar como é a vida sobre unha cadeira de rodas, e como todas as barreiras se poden superar con vontade e esforzo. Os alumnos intentaron subir de xeito autónomo por unha das ramplas do instituto en cadeira de rodas, exercicio que sorprendeu a mais dun/ha pola súa dificultade.
Con este tipo de actividades, a Asociación INTEGRO, loita pola inclusión social das persoas con diversidade funcional a través do traballo coa escola, traballase para romper estereotipos e aclarar todas as dúbidas que as rapazas e rapaces poidan expresar de xeito que, a medida que a sociedade avanza, tamén avance a consecución de dereitos e da plena cidadanía das persoas con diversidade funcional.

Un alumno do IES de Baio probando a handbike

Máis cultura

Hoxe os visitantes serán Xurxo Souto, cun obradoiro de radio; a Asociación amigos do Liño de Baio, con "Estamos de fía"; unha horta ecolóxica cos avós e avóas, e Héctor Lorenzo e Xoán Curiel, cun concerto, os que poñan o punto e aparte a esta VIII Semana Cultural que será reanudada o vindeiro venres 24 co Braulio García Cruz, "A salsa da vida"; "Parella 2.0", unha obra do Teatro do Ies dirixido polo mestre Ricardo Vigueret Gil; "De Troula en Troula", coa Ludoteca Itinerante; un concerto de "A Cada Canto" e para rematar o I Xantar e Xuntar.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC ([email protected]).
  • Información e fotos de Santi Díaz, alumno do IES Maximino Romero de Lema.

Comentarios