Xoves. 22.08.2019
El tiempo

O IES de Baio cumpe 20 anos

O IES de Baio cumpe 20 anos
20 Aniversario do IES de Baio Vintebaio

Menudo programa que está armando a Comisión de Cultura do IES Maximino Romero de Lema de Baio-Zas polo XX aniversario da posta en funcionamento do instituto. O vindeiro luns 19 de xaneiro, ás 12:45h, terá lugar o acto de inauguración do programa no salón de Usos Múltiples do Centro ,cun acto poético dirixido polo escritor Sechu Sende e acompañado pola Agrupación Musical Adro.

Tamén se fará un acto de intervención denominado “SOS lingüístico”consistente en soterrar nunha caixa hermética,baixo un carballo do xardín do Centro, os pensamentos escritos polo alumnado; unha visión propia da situación actual da lingua galega, para que sexan abertos dentro de outros vinte anos por alumnado deste mesmo IES.

De seguido, ás 13:30h, comeza a xornada de portas abertas coa inauguración da "Sala de exposicións da Casiña", baseada en un salto ao pasado con imaxes e utensilios propios dos anos 90. E ás 14:30h, terá lugar un xantar de confraternidade para toda a comunidade educativa, organizado polo alumnado de 4º de ESO co fin de recaudar fondos para a viaxe de estudos, aberto a todoa quel que desexe acudir.

As actividades da tarde comezarán ás 16:30h no Auditorio do Centro Sociocultural de Baio, cunha sesión de contacontos a cargo de Isabel Risco e a súa Nabiza Girl, e boa música coa compaña de Uxía e Narf, aí é nada.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios