Un Showcooking con Beatriz Sotelo para aprovietar a riqueza dos produtos da zona

A marca territorio Costa da Morte-Terra Atlántica continúa traballando en iniciativas para por en valor a riqueza do territorio e a mostrar todo o seu patrimonio cultural e ambiental. Para clausurar esta tempada vai organizar Showcooking da man da Chef do grupo Nove, Beatriz Sotelo, que fará unha mostra de diferentes receitas, sinxelas e deliciosas, que se poden preparar cos produtos da zona e, que proveñan de produtores e produtoras asociadas á Marca.

O evento celébrase o sábado 15 de Outubro nas Torres do Allo (Zas) de 12:00 a 14:00/15:00 horas da tarde.

Para poder asistir é preciso enviar un correo electrónico cos datos persoais a comunicacion@terratlantica.gal. O aforo é limitado.

RELACIONADOS