Xoves. 25.04.2024
El tiempo

A Xunta valora a marca Terra Atlántica

220913_MR_Ines Sante_GDR Costa da Morte
A Xunta valora a marca Terra Atlántica

Os representantes do GDR Costa da Morte (Manuel Muíño, como presidente; Francisco Javier González, como vicepresidente e presidente da Asociación de empresarios de Mazaricos (Amepa) e José Manuel López, secretario do GDR e alcalde da Laracha) mantiveron onte unha reunión coa directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Inés Santé.

Unha cita para poñer sobre a mesa o traballo realizado dende 2018 a través da marca Costa da Morte-Terra Atlántica. A directora valorou “o seu potencial dinamizador do territorio e de xeración de riqueza no rural.

A marca conta a día de hoxe con 46 empresas dos 17 municipios implicados, mentres contnúan cunha estratexia comunicativa e con diversas xuntanzas e actividades que busca dar a coñecer a marca, ao tempo que se aposta pola formación para aumentar as posibilidades de éxito.

Relacionados

Comentarios