Un Showcooking con Beatriz Sotelo para aprovietar a riqueza dos produtos da zona
07:43 13/10/22
A marca territorio Costa da Morte-Terra Atlántica continúa traballando en iniciativas para por en valor a riqueza do territorio e a mostrar todo o seu patrimonio cultural e ambiental. Para clausurar esta tempada vai organizar Showcooking da man da Chef do grupo Nove, Beatriz Sotelo, que fará unha mostra de diferentes receitas, sinxelas e deliciosas, que se poden preparar cos produtos da zona e, que proveñan de produtores e produtoras asociadas á Marca.
O evento celébrase o sábado 15 de Outubro nas Torres do Allo (Zas) de 12:00 a 14:00/15:00 horas da tarde.
Para poder asistir é preciso enviar un correo electrónico cos datos persoais a [email protected]. O aforo é limitado.
RELACIONADOS
- A Xunta valora a marca Terra Atlántica.
- Terra Atlántica e o Parque do Megalitismo da Costa da Morte fíxanse en Europa
- Lucía Calvo, da Despensa D´Lujo: “As redes sociais son o escaparate para lle ensinar ós nosos clientes toda a vida que facemos nas leiras”
- Gerca adáptase á emerxencia sanitaria e crea máis de 1.000 soportes diarios coa marca "Terra Atlántica"
- A marca territorio “Costa da Morte - Terra Atlántica” continúa medrando dende o Faro Vilán
- Costa da Morte Terra Atlántica: A nova marca turística