Costa da Morte Terra Atlántica: A nova marca turística
![Marca Costa da Morte Terra Artlantica](/asset/thumbnail,992,558,center,center/media/quepasanacosta/images/2019/04/24/2019042412534841232.jpg)
14:53 24/04/19
O vindeiro 9 de maio terá lugar a estrea dunha nova marca turística en Vimianzo. “Costa da Morte. Terra Atlántica” é o resultado dunha nova acción do GDR Costa da Morte apoiado pola Xunta, Agader, o Ministerio, e por suposto, os Fondos Europeos.
Este xoves 9 de maio será a súa presentación oficial ás 19:00h na Casa da Cultura de Vimianzo. En xeral, o sector turístico valora positivamente esta creación e espera que por fin haia unha unidade á hora de vender a nosa comarca.