As Torres do Alloa superan as cifras de visitantes da súa serie histórica
- O Pazo máis antigo de Galicia supera os 6.400 visitantes na tempada alta estival e xa bate as cifras de todo o ano 2024.
As Torres do Allo pechan a súa temporada alta de verán, que se estendeu do 15 de xuño ao 15 de setembro, con cifras de visitantes sen
precedentes. O pazo máis antigo de Galicia rexistrou un total de 6.488 persoas neste período e 8.156 ao longo de todo o ano, superando xa o total de 8.001 visitantes de todo o 2024
O éxito destas cifras débese, en gran medida, á completa e variada oferta cultural e de ocio promovida polo Concello de Zas e a Deputación da Coruña. A programación incluíu concertos, obradoiros, espectáculos de monicreques, visitas teatralizadas, un escape room, xogos de pistas e un campamento infantil, pensados para atraer tanto a público familiar coma a visitantes individuais.
Actividades como Mercado de Artesanía do San Ramón (unhas 300 persoas achegáronse o 31 de agosto), as visitas teatralizadas dos dommingos da compañía Os Quinquilláns (vistas por 240 persoas) ou o comentado escape Room "As sombras do tempo" (máis dun cento de participantes), foron as activades máis demandas.
Un perfil de visitante local e familiar
Interesante tamén a análise da procedencia dos visitantes durante a temporada estival revela un forte arraigamento local e galego, pero tamén un crecente interese a nivel estatal:
• Público local: O 33% dos visitantes procedían do propio concello de Zas, e outro 16% do resto da Costa da Morte, o que demostra a conexión da veciñanza co pazo.
• Público galego: O 15% restante proviña doutras zonas de Galicia.
• Público estatal: Cun 33% do total, a afluencia de visitantes de fóra de Galicia experimentou un incremento significativo.
• Público estranxeiro: O 3% dos visitantes eran de procedencia internacional.
En canto ás idades, o perfil dos asistentes é claramente familiar, coas franxas de idade entre os 5 e os 15 anos (41%) e entre os 30 e os 65 anos (38%) como as máis representativas.
O Pazo das Torres do Allo no outono
Aínda que a tempada alta de verán rematou, o pazo continuará aberto ao público todos os sábados, domingos e festivos de 11:00 a 19:00 h. A entrada e todas as actividades son gratuítas.
Os visitantes poderán seguir gozando das visitas guiadas, que se ofrecen ás 13:00 h e ás 17:00 h, e do xogo de pistas "O legado de Francisca, unha viaxe polo pazo", dispoñible durante todo o horario de apertura. Ademais, a exposición temporal "Riobóo, a saga do Allo" continúa á disposición do público, profundando na historia da familia que habitou o pazo durante 500 anos.