Zas remodela o campo de San Andrés co POS+
A reforma do campo de San Andrés, un dos míticos campos do Fútbol da Costa, é a obra máis importante á que o Concello destina parte do Plan POS+ da Deputación. Unha obra de 176.000€ que levará a substitución do céspede artificial, equipamentos deportivos e mellora do sistema de drenaxe do campo San Andrés de Zas. I é que como nos recoñece o teniente alcalde óscar Lema, “estes campos de herba artificial sempre din que son eternos… pero non o son”. E así, un dos primeiros campos que cambiaron á herba artificial de toda a zona, cambiará de xeneración.
Ademais, o pleno do concello desta mañá, tamén aprobou a obra, por uns 70.000€ do Aglomerado Langueirón e Agreanas. Pero a partida máis importante dos 650.000€ que ten outorgados Zas (non van facer uso doutros 265.000 de posible préstamo (o chamado PAI) que habería que devolver) é unha partida de 400.000€ para gasto corrente.
Ademais, no caso de quedar remanente ou que a Deputación decida deixar máis cartos para o plan, aprobáronse á espera de financiamento os proxectos do Aglomerado do cruce Lagoa-Limideiro; e o Aglomerado Gontande e Pudenza.
Novas relacionadas
- Camariñas destina o medio millón de euros do POS+ en dúas rúas e en gastos correntes.
- Ponteceso aproba o Plan Plus para pagar a proveedores.
- Xosé Regueira: “O que estamos facendo na Deputación é revolucionario”.
- O Plan Único da Deputación dota de máis autonomía aos Concellos.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).