luns. 23.03.2026
El tiempo

A alumna baiesa que destaca na Olimpiada de Química

Ainara Rodríguez Blanco do IES de Baio na olimpiada de Quimica
Ainara Rodríguez Blanco
A alumna baiesa que destaca na Olimpiada de Química

Nova alegría educativa para a familia do IES Maximino Romero Lema, demostrando a súa posición de vangarda a nivel autonómico. A alumna Ainara Rodríguez Blanco vén de lograr o 5º lugar da clasificación da XLIII Olimpíada Galega de Química na Demarcación da Universidade da Coruña (UDC).

Un logo tendo en conta que participaron 218 alumnos e alumnas, dun total de 239 inscritos, récord absoluto de participantes de todas as probas celebradas ata agora, procedentes de 41 centros educativos de toda a xeografía de Galicia.

Outros cinco alumnos que cursan os seus estudos en centros educativos da cidade da Coruña completan a clasificación dos seis mellores da XLIII Olimpíada Galega de Química nesta demarcación da UDC.

Concretamente son Clara Montero Martínez, do Colexio Santa María del Mar; Hugo Rodríguez Prieto, do IES Plurilingüe Eusebio da Guarda; e Adrián Prados Blanco, do IES Agra do Orzán. Ocuparon, por esta orde, o primeiro, segundo e terceiro posto. O cuarto e o sexto posto tamén o levaron alumnos de centros educativos da cidade da Coruña. Pablo Regueiro Cao, do Colexio Santa María del Mar, foi cuarto; e Román Rojo Campaña, do IES Rafael Dieste, foi sexto.

A Olimpíada de Química Galega, que pretende fomentar vocacións e desenvolver o espírito emprendedor entre os máis novos, é decana destas probas en España e xerme da Olimpíada Nacional de Química. Con todo, unha mágoa porque a baiesa quedou ás portas da XXXIX Olimpíada Nacional de Química, á que se clasifican só as tres mellores alumnas e alumnos de cada demarcación universitaria

Máis novas

Comentarios