A Asociación Pedras Miúdas organiza en Lires para esta fin de semana de sábado 13 e domingo 14 de maio, o IV Festival de Baile Tradicional. O sábado a partir das 19:00h serán os grupos de Vimianzo, Brens, Muxía e os propios lirenses os protagonistas, e o domingo será o turno da eterna Danza de Arcos.