martes. 13.05.2025
El tiempo

Evento

Presentación dun libro en Corme

21/xul./2017 a 21/xul./2017
8:30 h a 6:00 h
Presentación dun libro en Corme
Libro Barcos de cabotaje del corazon de la Costa da morte Este venres, preséntase en Corme o libro "Barcos de cabotaje del corazón de la Costa da morte" Mañá ás 20:30 na Ribeira de Corme, Ramón García Filgueira presentará o seu libro "Barcos de cabotaje del corazón de la Costa da Morte". O libro, publicado pola editorial pontecesá Plan B Editora, recolle os barcos que durante os séculos XIX e XX foron propiedade dalgunha persoa desta zona. O porto que congrega un maior número de embarcacións é o de Corme, pois tradicionalmente os armadores cormeláns fletaban este tipo de embarcacións, en moitos casos con destino a portos vascos pero tampouco era raro que chegaran até portos mediterraneos ou estranxeiros. Nas, case 200, páxinas do libro recóllese a historia de máis de 175 barcos, acompañada, na maioría dos casos de fotografías inéditas. É unha obra de referencia para todas as persoas interesadas na historia da navegación e na propia historia das vilas portuarias que desenvolveron comercio marítimo durante os séculos XIX e XX. Distribución: Na propia editorial ou a través de Arnoia, distribución de libros e papelaría
Comentarios