Martes. 19.03.2024
El tiempo

Bm: O verde domina

Bm: O verde domina
O BM Xallas remata o ano líder da 2ª Autonómica O BM Xallas remata o ano líder da 2ª Autonómica

Bos momentos para os cadros verdes da Costa da Morte. Calvo Xiria e Bm. Xallas mantéñense como líderes das súas categorías destes desta nova xornada e a piques de chegar ao nada.

Por Carballo, esta fin de semana tivo un partido sen historia dun Calvo que segue pelxando polo liderato man a man co Lavadores. Os verdes seguen no máis alto pola diferencia de goles, por iso a goleada ante o Rasoeiro tamén era importante.

Por Santa Comba xa chegan vacacións de Nadal e o Balonmán Xallas despídese do ano como líder da categoría, confirmando as boas sensacións vividas a principio de temporada e presentando a súa candidatura o ascenso.

Non foi tan positiva a xornada en Camariñas, onde o cadro conserveiro fixo un gran partido pero acabou sucumbrindo a un duro Rodosa.

 

1ª Estatal, xornada 13

  • Resultado: Bm. Camariñas - Rodosa Chapela (27-33)
  • Parcial ao descanso: 14-15.
  • Bm. Camariñas: Álex (p) e Cristian; Alberto (8), Fabián (3), Xabi (3), Eusebio (3), Fari; Antelo, Fran, Alan (5), Manuel, Héctor.

Volvía vestirse o Areal de gala con máis de 300 siareiros para recibir aos seus, pero o cadro de Moncho Canosa non entraba no partido encaixando un 1-6 nos primeiros minutos. O tempo morto fixo reaccionar aos locais e cunhas boas defensas e rápidas contras conseguía igualar o marcador e facer as delicias dos espectadores.

As présas eran as protagonistas do comezo da segunda metade e eses erros permitiron aos visitantes escapar con 6 goles de vantaxe. Produciuse nese momento unha tangana cando un xogador visitante intentou propiciar un cabezazo a un xogador conserveiro, provocando dúas exclusións por bando (Héctor Fateira e Fran Carril polos locais).

O encontro permaneceu parado ata tranquilizar os animos e o partido puido renovarse e o Camariñas intentou recurtar ata o final sen folgos.

 

1ª Estatal, xornada 13

  • Resultado: Calvo Xiria - Calmear Rasoeiro BM (38-20)
  • Parcial ao descanso: 20-11
  • Calvo Xiria: 38 (20+18). Iago Gómez (p), Antonio Mato (p), Carlos Vilanova (4), Gabriel Castiñeiras (2), Cuco, Brais Puñal (1), Fran Rey, Pablo Iglesias (6), Juanka (4), Iago Franco (1), Manuel Méndez, Jorge Bouzas (10), Alejando Calvete (3), Enrique Pena Pensado (7).

Non deu opción os verdes ao cadro do Grove e comezou arrasando e facéndose dono do partido de principio a fin.

 

2ª División Autonómica

  • Resultado: Bm. Ribeiro - Bm. Xallas (11-24)
  • Bm. Xallas: Jorge (p), Martín (p), Damián, Marcos, Alex, Gonzalo, Dani Trigo, Eloy, Dani García, Edu, David, Ivan e Bruno.

Desprazábase o equipo senior a Ribadavia para desputar o último encontro do 2018 e solventouno ben pronto. Un parcial de 0-6 nos primeiros minutos marcou o inicio dun econtro que non tivo moita historia. As continuas protestas dos locales fixeron caer os xalleiros na súa dinámica, o que supuxo un ritmo de xogo por debaixo do esperado. Pese a todo, os visitantes non tiveron problemas para finalizar os seus ataques posicionales, mentres que en defensa cumpliron cubertos tamén por unha boa aportación da portería.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/bm-pensando-nas-probas-de-final-de-ano/

Máis información

Novas relacionadas

“Bm: Xiria e Camariñas vencen arroupados polas súas afeccións” — Que pasa na costa “Bm: O verde púxose en negro” — Que pasa na costa

Comentarios