Xoves. 18.04.2024
El tiempo

Copa da Costa: Os equipos de Preferente KO

Brais Corral volvía a vestir a camisola do Corme ante o Muros. Foto: www.diariodeportivo.gal.
Brais Corral volvía a vestir a camisola do Corme ante o Muros. Foto: www.diariodeportivo.gal.
Copa da Costa: Os equipos de Preferente KO

Era sabido que esta Copa da Costa podía traer moitas sorpresas e vaia se as trouxo, xa que os dous equipos costeiros da Preferente dixeron adeus á competición na primeira rolda logo de que o Xallas caese ante o Malpica e o Sofán ante o Baio.

Pero non foron as únicas eliminacións que sorprenderon nestes dezaseisavos de final, xa que dous conxuntos da Liga da Costa como son o Ponteceso e o Sporting Zas, caerían ante equipos de Terceira coma o Camariñas e o recén ascendido Cabana.

CD Baio 2 – 1 SD Sofán

Baio 2-1 Sofán

CD Baio: Dani Varela, Isaac, Damián, Álex Varela (Iván Rojo m.54), Yago, Norberto, Peke, Bieito, Álex Figueiras (Moreno m.73), Porti (Javi Suárez m.81) e MC.

SD Sofán: Javi Rumbo, Sera, Rubén (Iván Rey m.68), Antonio, Pablo, Canedo, Fabián, Camilo (Quintela m.71), Alexandre, Parafita (Matías m.75) e Raúl.

Goles: 0-1 m.44: Alexandre; 1-1 m.61: MC (p); 2-1 m.65: MC.

Expulsión: O baiés Rubio no minuto 40 cando estaba no banquiño.

Comezaba o Sofán levando a iniciativa e controlando as contras dun Baio que trataba de lanzar por medio de Porti e un MC que daría o primeiro aviso dos seus.

Tras isto, Raúl, en dúas ocasións, avisaría das intencións dos seus pero sería Alexandre o que poñería o 0-1.

Na reanudación, o propio Alexandre estivo a piques de sentenciar pero sería MC quen vería portería por partida dobre para darlle a volta a un partido que puido matar definitivamente Iván Rojo pero este atoparíase con Rumbo.

No tramo final, intentaríao o Sofán pero o Baio aguantou as embestidas dos visitantes para o pase á seguinte rolda e eliminar ao Sofán ás primeiras de cambio.

CD Baíñas 1 – 3 Buño SCD

CD Baíñas: Paulo, Rodri, Ramón, Luis, Cristian Canosa (Esteban Rodríguez m.77), Esteban Canosa, Samuel, Felipe, Javi, Oreiro e Toño.

Buño SCD: Brais, Simón, David, Petís, Fran, Borja, Alberto (Moha m.64), Álex, Pablo, Juan (Rubén m.84) e Mara.

Goles: 1-0 m.40: Oreiro; 1-1 m.48: Juan (p); 1-2 m.52: Petís; 1-3 m.93: Moha.

Expulsión: O visitante Mara no minuto 81.

O encontro tivo dúas partes totalmente diferenciadas, unha primeira na que o Baíñas foi mellor e contou con varias ocasións pero tan só Oreiro sería quen de superar a Brais para que se chegase ao tempo de lecer cun 1-0 que se pode considerar curto despois do visto sobre o terreo de xogo.

Na segunda metade, foi o Buño quen levou a iniciativa e, Juan de penalti e Petís daríanlle a volta ao marcador nos primeiros minutos da reanudación.

Logo deste comezo fulgurante dos oleiros, os de Tito Pedreira puideron matar definitivamente o partido pero a madeira en varias ocasións e Paulo noutras evitarían máis goles dos oleiros.

No tramo final, o Baíñas volcouse na procura do empate pero sería o branquiazul Moha quen lograría facer gol para poñer o definitivo 1-3.

Corme CF 3 – 2 CD Muros

_DCR1639 (Copiar)

Corme CF: Suso, Brais Torrado, Fabián (Aitor m.87), Javi Peón, Toniño, Eloy, Brais, Dani Casal (Ángel m.82), Lucas, Manu Bermúdez (Diego m.85), Samu (Javi Bermúdez m.91).

CD Muros: Xandre, Varo (Berni m.66), Juanchy, Iván Cerilla, Dani, Ramón, Kiko, Saúl, Xavi (Álex Siaba m.42)(Xaco m.46), Yanky, Adán (Bruno m.46).

_DCR1633 (Copiar)

Goles: 1-0 m.20: Lucas; 2-0 m.56: Lucas (p); 2-1 m.74: Yanky; 3-1 m.90: Diego.

Expulsión: O muradán Juanchy no minuto 70.

O Corme saltou ao terreo de xogo coa intención de levar a iniciativa do encontro a través do balón pero o Muros dificultou e moito que os ataques locais tivesen profundidade, o que fixo que as ocasións brillasen pola súa ausencia ata o minuto 12, momento no que Xandre tería que intervir logo dunha falta de Lucas que se envenenaría logo de tocar na barreira.

Mediada esta primeira parte, Lucas faría o 1-0 cunha sutil vaselina ante Xandre logo dun gran pase do debutante Dani Casal, nunha xogada na que os muradáns protestarían unha falta no comezo da acción.

Tras isto, Yanky buscou sorprender cun disparo dende o punto central pero o longueiro evitaría e practicamente a continuación, Suso faría un auténtico paradón a tiro de Xavi.

Logo destas dúas ocasións dos visitantes, a dinámica seguiría sendo a mesma e non sería ata o fío do descanso cando Samu tería unha nova ocasión para os seus pero Xandre evitaría o gol dos cormeláns.

No segundo acto, habería moitas máis interrupcións no partido e no minuto 56, Lucas aumentaría a vantaxe dos seus dende os once metros.

Na medianía desta segunda parte, o Muros quedaría con dez xogadores pola expulsión de Juanchy e a partir de aí, chegarían os mellores momentos dos muradáns e Yanky recortaría diferenzas cun cabezazo.

Os visitantes arriscarían e Xandre tería que intervir ante Brais e Ángel en sendas contras. E xa co partido tocando ao seu fin, Diego materializaría unha transición rápida para facer o definitivo 3-1.

Outes FC 2 – 3 UD Cerqueda

Outes FC: Antón (Peipo m.71), Joel, Babu (Stefan m.67), Martín, Eloy, Santi (Álvaro m.67), Caamaño, Jura, Fabio (Ryam m.60), Paullo e Kin.

UD Cerqueda: Diego Dourado, Marcos Pensado, Javi Souto, Javi Pazos, Manu Guillamet (Julián m.75), Dieguito (Atu m.70), Cholo, Lorenzo (David Dourado m.75), Ceide (Bastón m.75), Méndez, Molinos (Gonzalo m.58).

Goles: 0-1 m.26: Marcos Pensado; 1-1 m.36: Eloy; 1-2 m.40: Dieguito; 1-3 m.53: Cholo; 2-3 m.80: Eloy.

O Outes afrontaba a visita do Cerqueda con tres semanas sen competir, o que os homes de Miguel Ramos sabían que podía ser un pequeno lastre para eles, pero aínda así non cederon terreo ao rival e saían con peligro á contra. Tanto foi así que as primeiras ocasións claras foron para os locais pero unha gran intervención de Diego Dourado e o longueiro evitarían o gol.

E nun centro lateral en semifallo, Marcos Pensado adiantaba aos visitantes. O Outes repoñeríase a este duro golpe e Eloy devolvería as táboas ao marcador. Pero case sen tempo para festexar, Dieguito volvía a poñer por diante aos homes de Míchel.

Na reanudación, o Cerqueda tiña o balón e ao Outes custáballe saír, algo que supuxo que os visitantes volvesen a ver portería por medio de Cholo.

Tras isto, os locais intentaríano e Eloy poñería o 2-3 para darlle emoción a uns minutos finais que foron un podo e non quero do conxunto branquinegro.

CD Nantón 1 – 2 UD Monte Louro

Nantón 1-2 Monte Louro

CD Nantón: José Manuel (Guille m.46), Javi, Costiña (Martín m.46), Fran, Cachopo, Rúper (Pablo Fuentes m.46), Fabio, Juanciño, Pastor, Santi (Redondo m.36) e Christian.

UD Monte Louro: Isma, Abel (Yeray m.37), David, Pablo, Borja, Adrián, Ivi, Dani Corniños, Pesko (Iker m.62), Juan de Celia, Sambade (Raúl m.66).

Goles: 0-1 m.9: Pesko; 0-2 m.14: Juan de Celia; 1-2 m.57: Christian.

Entrou mellor o Monte Louro ao partido e iso fixo que crease varias ocasións de perigo pero tan só Pesko e Juan de Celia serían quenes de superar a José Manuel, polo que se chegaría ao descanso co 0-2.

Na reanudación, ambos equipos baixaron o ritmo debido ao calor pero Christian recortaría diferenzas.

No tramo final, o pau evitaría o empate do Nantón, polo que un Monte Louro que puido matar o partido á contra e non acertou, levaríase a vitoria e o pase a seguinte rolda.

Camariñas FC 2 – 0 Ponteceso SD

Camariñas-Ponteceso

Camariñas FC: Pablo, Soule (Manuel m.91), Rodri, Fran, Raúl, Miki (Saviola m.87), Mario (Anxo m.57), Nico, Dani Moreno (Juan m.68), Óliver e Djibi.

11 inicial do Camariñas ante o Ponteceso

Ponteceso SD: Damián, Ismail, Matias, Eloy Trigo (Eloy Álvarez m.67), Puente, Dani Cotelo, Recarey, Nando, Iván Rodríguez, Luca, Iago (Charro m.46).

11 inicial do Ponteceso en Camariñas

Goles: 1-0 m.17: Raúl; 2-0 m.69: Miki.

O Camariñas realizou un partidazo en todos os aspectos nun encontro no que o Ponteceso comezaría tocando moi ben o balón, como é habitual, aínda que sen crear demasiadas ocasións.

Recarey tería a primeira para os visitantes cun disparo que se marcharía a rentes do pau e entre Damián e o longueiro evitarían que o Camariñas se puxese por diante, pero no correspondente córner, Raúl faría o 1-0.

Tras isto, un activo Soule daría un recital de boas xogadas pero ningunha delas serviría para que os seus aumentasen a súa vantaxe.

Na segunda metade, o Ponteceso intentaría buscar o empate e meteu ao Camariñas no seu campo. Ante esta tesitura, os locais tratarían de saír o contragolpe buscando ao seu home máis perigoso, Soule, tendo varias ocasións de gol moi perigosas.

Pola súa banda, os pontecesáns terían as súas en sendos disparos de Recarey e tamén nunha falta botada por Matíaas que pararía ben o meta local.

Nunha xogada sen aparente perigo, Miki marcaría un golazo dende fóra da área para poñer o 2-0 no marcador. A partires de aí, o Camariñas fíxose forte atrás e lograría o pase á seguinte rolda.

CF Porteño 1 – 1 SD Castriz (1 – 3 nos penaltis)

CF Porteño: Josiño, Manoliño, Caamaño, Pejo, Vicente, Mario, Roi (Wii m.80), Ángel, Jorgito, Javi Antelo, Cachi (Nazo m.53).

11 inicial do Porteño ante o Castriz

SD Castriz Puyol, Toniño, Carlos (Balsa m.73), Adrián, Bruno, Kevin (Cambón m.60), Steven (Chiki m.67), Mauri, Iván, Álex e Sebas.

Goles: 0-1 m.38: Iván; 1-1 m.62: Caamaño.

Penaltis: 0-0: Wii, falla; 0-1: Chiki, gol; 1-1: Manoliño, gol; 1-2: Iván, gol; 1-2: Jorgito, falla; 1-3: Adrián, gol; 1-3: Nazo, falla.

Partido moi disputado e marcado polo calor abafante, no que se adiantaría o Castriz logo dun pequeno rebumbio na área que solventaría un Iván que parece terlle a medida tomada ao Porteño.

Tras isto, os homes de Varela non baixaron os brazos e na segunda metade, logo dunha desgraciada xogada do porteiro visitante, Caamaño poñería as táboas de novo no marcador e mandaría a eliminatoria a tanda de penaltis, na que o Castriz estivo máis acertado para lograr o pase.

CF Castrelo 0 – 8 CF Dumbría

Castrelo - Dumbría

CF Castrelo: Carreira, Steven, Estebo, Mario, Luis, Chans, Eloy (Félix m.46), Iván Caamaño (Dani Picallo m.46), Cacu, Darío e Quintelo.

CF Dumbría: Jorge, Gusa, Matías (Marcos Mouro m.46), Iago, Cespón (Brais m.46), Xabi (Yuyo m.70), Canario, Álex Sendón (Marcote m.70), Pablo Mouzo (Rivi m.70), David e Charly.

Goles: 0-1 m.2: Iago; 0-2 m.7: David; 0-3 m.12: Cespón; 0-4 m.66: Charly; 0-5 m.68: Álex Sendón; 0-6 m.72: Yuyo; 0-7 m.76: Marcos Mouro; 0-8 m.83: Marcote.

Expulsión: O gardameta do Castrelo, Carreira, no minuto 75.

Encontro sen historia, tal e como demostra o marcador, no que un Dumbría que fixo valer a diferenza de categoría e que aos doce minutos xa vencía por 0-3.

A raíz disto, os goles visitantes irían caendo ata o definitivo 0-8.

Mazaricos CF 5 – 1 UC Cee

Mazaricos CF: Rubén Santos (Miguel m.46), Cutu, Borja (Martín m.67), Amoedo, Ricardo, Barbeira (Carreira m.60), Piki, Estéfano, Diego (José m.73), Pereiro e Pose.

Mazaricos 5-1 Cee Copa da Costa

UC Cee: Anxo, Jorge, Pablo (Xacobe m.80), Leo (David m.60), Alberto (Alfredo m.3)(Xulián m.46), Carlos Leis (Iago m.60), Iván, Aitor, Chema, Luis Lojo e Martín.

11 inicial do Cee en Mazaricos

Goles: 1-0 m.22: Ricardo; 2-0 m.45: Diego; 2-1 m.50: Leo; 3-1 m.51: Diego; 4-1 m.60: Barbeira; 5-1 m.70: Cutu.

O partido comezou cos visitantes tratando de levar a iniciativa co balón e uns locais que intentaban inquedar ao rival á contra, tendo desta maneira dous achegamentos que se quedarían en nada.

Na medianía este primeiro acto, o Mazaricos pasou a ter máis balón e Ricardo adiantaría aos seus.

Tralo 1-0, ningún dos dous equipos foi quen de impoñer a súa táctica pero os amarelos lograrían aumentar a vantaxe por medio de Diego nunha xogada a balón parado.

Na reanudación, o Cee aproveitaría unha pequena páxara dos locais para recortar diferenzas por medio dun Leo que saíu ovacionado do municipal mazaricán xa que puido ser o seu último encontro en activo.

Aínda que non se faría de esperar a resposta dun Mazaricos que mataría o partido cos goles de Diego, Barbeira e Cutu.

Cabana SD 4 – 2 Sporting Zas

Cabana 4-2 Sporting Zas

Cabana SD: Darío (Víctor m.88), Pipa, Duda (Isma m.83), Dani, Manolo (Raúl m.65), Fernando, Pablo Senande, Iván, Aarón, Manuel (Cristian m.78), Castro (Cacha m.65).

Sporting Zas: Vázquez (Pereiras m.46), Tefy, Josito, Rubio (Pablo m.46), Brais, Miguel (Rubén m.55), Fabi, Manu, Santi (Darío m.46), Andi (Álvaro m.46) e Carra.

Goles: 1-0 m.29: Aarón; 2-0 m.44: Aarón; 2-1 m.48: Carra; 3-1 m.50: Iván (p); 4-1 m.77: Iván; 4-2 m.80: Pablo.

O Cabana mostrouse moi efectivo no primeiro tempo e Aarón poñería terra de por medio con dous goles que farían que se chegaría ao tempo de lecer co 2-0 no luminoso.

Na reanudación, o Sporting Zas tratou de reaccionar con varios trocos e Carra parecía meter aos zasenses no partido pero Iván volvería a poñer terra de por medio cun gol de penalti.

No tramo final, os visitantes buscarían meterse de novo no encontro pero sería o Cabana por medio de Iván que vería portería para sentenciar unha eliminatoria que aínda vería como Pablo facía o definitivo 4-2

SCD Malpica 3 – 2 Xallas FC

SCD Malpica: Lamas, Mante, Andy, Villar, Laik (Migueliño m.61), Capelán (Jorge m.78), Jairo, Roberto (Brais Ceán m.75), Michi Castro, Aitor, Martín (David m.65).

Xallas FC: Fabián (Koke m.46), Adrián (Álex Blanco m.51), Fernando, Iago, Jaco López (Julián López m.51), Rubén (Christian m.78), Jacobo Lois, Baba, Abel, Carlos, Grille (Marcos m.46).

O Xallas en Malpica

Goles: 1-0 m.9: Michi Castro; 2-0 m.25: Michi Castro (p); 3-0 m.38: Roberto; 3-1 m.50: Marcos; 3-2 m.91: Julián López.

O Malpica deu unha das grandes sorpresas desta Copa da Costa e fíxoo logo de eliminar a un Xallas que se viu superado por un cadro malpicán que realizou unha gran primeira metade que viu referendada no marcador con dous goles da súa nova incorporación Michi Castro e outro de Roberto.

Na reanudación, os xalleiros introduxeron no campo a varios xogadores habituais pero o Malpica lograría manter a vitoria e lograr o pase á seguinte rolda a pesares dos dous goles dos visitantes.

Volantes de Baño FC 2 – 1 Muxía CF

Volantes de Baño FC: Marcos (Javira m.46), Tiko, Juan do Sivil, Mou, Thiago (Javi m.67), Cajulo (Santi m.55), Pardelo, Raúl, Godo, Iván, Rachón (Pri m.78).

Muxía CF: Noé, Reigía (Toja m.62), Mario, Michael, Brais, Congui (Gerardo m.73), Mauro, Víctor Alcaina (Isma Pose m.70), Julián, Manu Nogueira e Maikel.

Goles: 0-1 m.30: Brais; 1-1 m.32: Thiago; 2-1 m.57: Pardelo.

O Muxía saltou mellor ao terreo de xogo e dominou unha primeira metade na que a falta de acerto de cara a gol, os paus e a actuación do porteiro local fixeron que non lograsen ver portería ata o minuto 30, momento no que Brais sorprendería aos bañeses á saída dun córner.

Pero tan só dous minutos despois do 0-1, Thiago devolvía as táboas ao marcador.

No segundo acto, a igualdade foi a tónica predominante dun encontro que caería do lado do Volantes de Baño despois de que Pardelo fixese o definitivo 2-1 nunha contra ante un Muxía que fixo méritos suficientes para lograr un marcador positivo e que se despide da tempada cun mal sabor de boca.

Sporting Seaia CF 1 – 6 SD Esteirana

Sporting Seaia CF: Ché (Mario m.78), Canario (Samuel m.55), Mario, Pablo (Raúl m.46), Carlos (Christopher m.72), Parga, Luis, Vistas (Quintas m.65), Toni, Iván e Jorge.

SD Esteirana: Álex de Yi, Carlos (Ramiro m.68), Elías (Josiño Barreiro m.75), Xian (Jorge m.68), Pablo, Manu de Yi, Codesido (Kevin m.46), David, Pachi, Tobío, Raúl (Róber Pladur m.74).

Goles: 0-1 m.9: Elías; 1-1 m.27: Luis; 1-2 m.32: Pachi; 1-3 m.43: Parga; 1-4 m.71: Elías; 1-5 m.76: Josiño Barreiro; 1-6 m.89: Róber Pladur.

Encontro de dominio esteirán absoluto no que se adiantarían os de Geno cun gol de Elías.

A pesares de que a Esteirana levaba a iniciativa, o cadete Luis devolvía as táboas ao marcador, pero pouco duraría a alegría xa que Pachi faría un bonito gol para poñer de novo por diante aos visitantes.

Antes do descanso, un centro de Codesido desviado por un defensa local significaría o 1-3.

Tralo paso por vestiarios, a dinámica non cambiaría e Elías, Josiño e Róber Pladur aumentarían a vantaxe dos seus para poñer o definitivo 1-6.

Camelle SD 1 – 5 SD Laxe

Camelle SD: Roi, Snacky, Rodri, Valiña, Pablo (Manuel m.86), Barreiro, Jati (Tajes m.69), Carlos de Dido, Varu (David Vázquez m.65), Miguel Riveiro, David Camariñas (Tedín m.62).

SD Laxe: Eloy, Borja, Iván, Felipe (Pose m.79), Andrés, Elías Galeano, Adrián Lema, Ruso, Brais, Djamel e Bieito.

Goles: 1-0 m.7: Carlos de Dido; 1-1 m.30: Adrián Lema; 1-2 m.42: Adrián Lema; 1-3 m.57: Felipe; 1-4 m.76: Adrián Lema; 1-5 m.90: Bieito.

Expulsión: O delegado camellán Gonzalo no minuto 80.

Partido máis igualado do que reflexa o marcador e o cal se diferenciou ao último encontro ligueiro que enfrontou a estes dous equipos en que o Laxe estivo moito máis acertado de cara a gol, algo que penalizou a un Camelle que a pesares que comezou poñéndose por diante, vería como pouco a pouco os visitantes se ían facendo co control e creando ocasións para poñerse 1-2 no marcador.

A partires disto, o Laxe mataría o encontro con tres goles máis para poñer o definitivo 1-5.

SD Coristanco 6 – 0 SD Ameixenda

SD Coristanco: Diego Mallo (Alberto m.83), Sergio, Marcos (Mato m.76), Torres, Lagoa, Xuko, Samuel, Damián (Pazos m.63), Erre (Dani Vázquez m.80), Corral (Magovi m.59) e Álex.

SD Ameixenda: Rubén, Kamacho, Samu, Tomás (Bicho m.58), Cristian, Mataso, Álex, Castrexe, Dany Añón (Po m.62), Gabi e Javichu.

11 inicial do Ameixenda ante o Coristanco

Goles: 1-0 m.6: Xuko; 2-0 m.14: Sergio; 3-0 m.18: Xuko; 4-0 m.54: Samuel; 5-0 m.85: Magovi; 6-0 m.87: Xuko.

O Coristanco saíu con intensidade, mordendo en cada xogada e en cada balón dividido, algo que sorprendeu a un Ameixenda  non soubo parar este empuxe e que aos dezaoito minutos xa perdía por 3-0.

Tras isto, o partido igualouse tendo o Ameixenda varias ocasións que se quedarían en nada.

Daba a sensación de estar todo visto para sentenza, e máis aínda cando ao pouco de comezar o segundo tempo, os locais facían o 4-0.

Xa con todo decidido, o resto do partido foi un mero trámite no que habería dous goles máis dos coristanqueses para deixar o definitivo 6-0 no marcador.

SD San Lorenzo 0 – 2 SD Fisterra

SD San Lorenzo: Rubén, Kuki, Diego, Jose, Fuentefría (David Lorenzo m.73), Mario, Brais, Ures (Styven m.82), Pablo Garrido, Juanjo e Pablo Díaz.

SD Fisterra: Joselu, Bruno (Makaay m.62), Fabián, Aarón (Julio m,.46), Pablo Lestón (Breixo m.65), Piti, Dani Martínez, Javi, Pichino, Iván González (Roco m.46) e Rubén.

Goles: 0-1 m.18: Aarón; 0-2 m.81: Piti.

Expulsión: O verdillés Kuki no minuto 93.

Partido bastante igualado no que o maior acerto dos fisterráns en ambas áreas foi a chave.

Os xogadores de Ángel López defenderon ben e tiveron en Joselu a un dos seus mellores homes.

Na primeira metade, Aarón adiantaría aos visitantes logo dun centro de Pablo Lestón para que se chegase ao descanso co 0-1 no luminoso.

Á volta dos vestiarios o San Lorenzo tivo varias ocasións, unha delas moi clara, para meterse no encontro pero sería de novo o Fisterra cun afortunado gol de Piti tras tocar nun defensa o que voltaría a ver portería.

Comentarios