Xoves. 18.04.2024
El tiempo

As marquesiñas de Gerca xa están na rúa

Marquesinas de Gerca en Vimianzo
As marquesiñas de Gerca xa están na rúa

Xa nos avisaba Germán Lema o pasado mes de decembro deixando claro que a Gerca nunca está parada. E nesa liña, a empresa de carpintería metálica vimiancesa vén de sacar á rúa un novo modelo de marquesiña de autobús acorde coas pautas da Xunta de Galicia, coherentes coa paisaxe rural.

As primeiras, contratadas polo Concello de Vimianzo, xa están na rúa. Unhas marquesiñas que non requiren mantemento (está integramente fabricada en aceiro galvanizado, con imprimación anticorrosiva e lacada en polvo), accesibles para persoas con mobilidade reducida e dispón de asento e apoio isquiático, con cons instruccións sinxelas así como todas as pezas e parafusos necesarios para que as brigadas de obra municipais desenvolvan a súa instalación.

Novas relacionadas

Comentarios