Traballadores de Ferroatlántica solicitan unha reunión co alcalde de Dumbría
08:12 20/10/16
ferroatlantica rexistro dumbria
Continúan movéndose os traballadores de Ferroaltántica ante a amezada da venda das centrais hidroeléctricas da Costa da Morte. Así, o comite da empresa rexistrou onte no concello de Dumbría a solicitude dunha reunión co alcade da localidade - José Manuel Pequeño - e unha moción na que lle piden á corporación municipal instar á Xunta de Galicia á non segregación das actividades de enerxía e ferroaleacións e, polo tanto, a non autorización á venda das centrais explotadas polo grupo Villar Mir na comarca.
Reunión co PP
Por outra parte, despois das reunións con membros do BNG, de En Marea e do PSdeG, o comité da empresa Ferroatlántica mantivo onte unha reunión do deputado popular - Aurelio Núñez - e coa concelleira do PP en Cee - Zaira Rodríguez -á quen lles puxeron de manifesto a grave repercusión que esta venda tería para as fábrica e o negativo impacto tanto social como económico na comarca - cuestión das que xa son coñecedores -.
Desta forma, esixíronlle que insten ao presidente da Xunta a recibir ao Pleno do Comité para cumprir coa legalidade e a que non autorice a venda das centrais.
Concentración
Ante a gravidade da situación, mañá venres ás 13:30 horas terá lugar unha concentración ás portas da fábrica de Cee á que están chamados todos os traballores e traballadoras da empresa así como a veciñanza en xeral.
Novas relacionadas
- 19-10-16: Os traballadores de Ferroatlántica únense ante a pantasma da venda das centrais hidroeléctricas
- 18-10-16: Membros de En Marea e do PSdeG reúnense co comité de empresa de Ferroatlántica
- 14-10-16: O BNG esíxelle á Xunta que paralice calquera especulación das minicentrais hidroeléctricas do Xallas
- 12-10-16: O BNG Costa da Morte apoia ao Comité de Ferroatlántica para evitar a segregación
- 11-10-16: O Comité de Ferroatlántica esixe a non segregación das actividades produtivas
- Abril 2016: Ferroatlántica calma os ánimos ante as críticas do BNG sobre a perda de postos de traballo.
- Marzo 2016: Medra a presión sobre o mantemento da actividade productiva de Ferroatlántica.
- Febreiro 2016: O grupo popular esíxelle a Ferroatlántica que manteña os postos de traballo
- Febreiro 2016: Os sindicatos e o BNG esixen a Ferroatlántica o mantemento dos compromisos laborais
- Decembro 2014: Por unha Tarifa Eléctrica Galega.
- Redacción QPC ([email protected])