Contramínate pide respecto para os niños das anduriñas en Laxe
- O Colectivo Contramínate lanza hoxe un comunicado sobre o respecto aos niños de anduriña
Nas vilas da costa da Morte, as anduriñas son visitantes benvidos, símbolos de boa sorte e portadores de felicidade, segundo a tradición.
Deberiamos asegurar a súa protección e benestar.
O primeiro e máis importante: non retiredes os niños. Estes niños, situados en beirarrúas e baixos de teitos, temos que pensar que non son unha molestia real, ofrecen beneficios.
Como gardiáns naturais do noso ecosistema, as anduriñas axudan a controlar as pragas de insectos e a manter o equilibrio natural. Resultan máis efectivas ca calquera insecticida na redución de pragas de insectos. Ademais, a súa presenza só supón unha pequena molestia durante dous meses ao ano.
Para recoller os seus excrementos bastaría con poñer unha tabliña ou cartón debaixo dun niño, a un metro de distancia.
A mensaxe é clara: debemos aprender a convivir con elas, respectando o seu espazo e o seu papel na nosa ecosistema.
É hora de actuar!
Protexamos as anduriñas e fomentemos a súa presenza nas nosas cidades e vilas da costa da Morte.
Recordemos que a súa chegada non só trae boa sorte e felicidade, senón tamén unha valiosa contribución á nosa saúde e ao equilibrio da nosa natureza local