Venres. 17.05.2024
El tiempo

Camariñas e Ameixenda preparan as súas Foliadas

Foliadas do Cansorrino de Camarinas e Fumes do Cal de Ameixenda 2024
Camariñas e Ameixenda preparan as súas Foliadas

Chegaron os Maios e con eles as Foliadas. Se a semana pasada eran as Raigañas de Cerqueda as que abrían a temporada, estas vindeiras fins de semana temos cita en Camariñas e en Ameixenda.

Por Camariñas, a familia do Cansorriño prepara a III Foliada do Cansorriñño, que se celebra este sábado 4 de maio ás 19:00h na praza de San Xurxo de Camariñas.

Xa sábado día 11 de maio, a familia da SDCR Fumes do Cal de Ameixenda estrean a I Foliada Fillas de María, que se celebrará no tradicional campo da festa de Ameixenda (Cee). O evento estará amenidazo por un grupo "sorpresa" antes das actuacións principais que darán comezo ás 20:00 h, un total de 15 grupos tradicionais, principalmente da zona da Costa da Morte.

O Día das Fillas de María facíase de toda a vida unha festa tradicional e unha misa en Ameixenda. E a xente de Fumes do Cal quere recuperar esa data festiva con esta Foliada, dándolle o nome dunha Asociación que hai na vila ceense, que se chama Fillas de María, que no seu día eran mulleres solteiras que se ocupaban de adornar floralmente a Igrexa da vila.

Comentarios