![0 51% dos visitantes que chegan ao faro do cabo Vilán proceden de distintos puntos do territorio nacional]()
O 51% dos visitantes que chegan ao faro do cabo Vilán proceden de distintos puntos do territorio nacional
O
faro do cabo Vilán, en Camariñas, pechou o
mes de setembro cun balance de
4.479 visitas das cales, segundo indica a asociación de empresarios e promoción turística de Camariñas, o 51% proceden do territorio nacional, seguidos dun 34% que chega dende outros puntos da comunidade galega.
Dentro dos turistas nacionais, os chegados dende
Madrid son os que representan unha maior porcentaxe (21%) seguido dos de Castela e León (14%) e Canarias (13%).
A
provincia da Coruña é o destino máis frecuente de entre os visitantes galegos, concretamente un 73%.
Se falamos dos visitantes estranxeiros, destacan os procedentes de Francia, cun 28% do total dos visitantes de fóra de España, seguidos por países europeos (19%), Alemaña (16%) e Italia (12%).
Exposición
Ademais da beleza do lugar, outro dos principais atractivos das visitas que recibe o faro Vilán é a súa actividade cultural. Precisamente, nestes momentos o artista Antón Meizoso expón aquí a súa obra
"Espazos" plasmada en lenzos e papel. Durante este mes de outubro, o horario de visita da exposiciónn é de 11 a 14 horas e de 15:30 a 20 horas.