xoves. 01.05.2025
El tiempo

Denuncian os soldos precarios do persoal de limpeza de praias en Cabana

Denuncian os soldos precarios do persoal de limpeza de praias en Cabana

650,00€ brutos (incluídas as pagas extra, o que equivale a uns 7.800€ anuais) percibirán durante os dous meses e medio os traballadores do persoal para a limpeza de praias do Concello de Cabana. Un soldo ó 1,40€ por enriba do Salario Mínimo Interprofesional (648,60€), distando moito dos 40.000€ e 29.400€ que percibirán o Alcalde e o Concelleiro Delegado, respectivamente.

Así fai a denuncia o BNG local un proceso de contratación “opaco, cheo de irregularidades e insensible á realidade socioeconómica do Concello”. Por iso instan ao Concello a “investir en contratacións a xornada completa, ou durante o tempo máximo de 3 meses”, e pide que “se xestione a totalidade da subvención concedida, aportando o Concello a diferenza que corresponda, debido á necesidade real do mantemento e limpeza das nosas praias, lonxe polo momento de acadar algún certificado ambiental, e a que este servizo sexa prestado por persoas con necesidade ocupacional”.

Denuncia o BNG que “a non publicación das puntuacións obtidas na avaliación de méritos xera tamén desconfianza e disconformidade coa selección e coas listas de admitidos, excluídos e reserva, do mesmo xeito que as entrevistas persoais “a porta pechada” sen atender a criterios de idoneidade”.

Fonte

  • BNG de Cabana.

Comentarios