Evento
Mostra de Cinema Documental "Mares da fin do Mundo”
13/out./2018 a 13/out./2018
6:00 h a 6:00 h
Lonxa Vella
15:38 05/10/18

Dúas xornadas de proxeccións
As proxeccións abranguen dúas xornadas: a do venres día 12, onde serán proxectadas dúas curtametraxes e unha longametraxe, producidas en Galicia e con versión orixinal en lingua galega; e a do sábado día 13, onde se proxectarán dúas curtametraxes e unha longametraxe, de produción internacional en versións orixinais, subtituladas en galego. Contarán coa presenza dalgúns dos produtores dos filmes, como é o caso de Marcos Gallego, responsable da dirección técnica da Mostra e tamén da dirección de dous dos documentais galegos. Así mesmo, acudirá Juan Galiñanes, o cambadés que dirixiu ao recoñecido actor Celso Bugallo na curtametraxe que tamén se poderá ver na Lonxa Vella de Lira. E moi do norte chegará Knut Bjørn Lindkvist, coorganizador do Festival Nordkapp do Cabo Norte, en Noruega, nunha das fisterras atlánticas, e colaborador da nosa mostra. El foi tamén colaborador do director noruegués Knut Erik Jensen, do que se poderá ollar una curtametraxe sobre o comercio do bacallau, nos illados fiordes de Noruega nos anos 70.Outras actividades
Tamén haberá dúas actividades complementarias da mostra. Por unha banda a exposición fotográfica relacionada co mar e a pesca tradicional, froito do 1º Concurso de Fotografía do Concello de Carnota. E por outra, a Escola de Cinema Mar de Lira, onde os máis cativos poderán desenvolver a súa creatividade audiovisual, nunha actividade formativa e didáctica desenvolvida dende o programa Carnota Amiga da Infancia e da Adolescencia do Concello de Carnota. Para rematar cada unha das xornadas haberá cos concertos do grupo vigués Igmig e de Mounqup, que terán lugar os días 12 e 13, respectivamente, a partir das 22:00 horas.Programa
