Mércores. 11.09.2024
El tiempo

Evento

Aquelarre na Eira das Meigas

23/xuño/2018 a 23/xuño/2018
12:00 h a 11:55 h
Aquelarre na Eira das Meigas
A "Plataforma pola defensa de Monte Neme" organiza un aquelarre de meigas no Monte Neme. Neste solsticio de verán, seguindo os relatos das lendas ancestrais, terá lugar unha nova xuntanza anual de meigas no Monte Neme na que haberá unha teatralización dun aquelarre de meigas, unha posterior actuación de música tradicional e sesión vermú, levarase a cabo un acto festivo que tamén sirva para reivindicar a recuperacion e posta en valor deste emblemático espazo. O lugar de xuntanza será o cumio do Monte Neme, ás 12:00 hora do mediodia, na explanada da mina onde estaba a planta clasificadora, dende onde se subirá camiñando ata á Eira das Meigas. Alí as meigas farán un meigallo e prepararán algún tipo de brevaxe máxico. Para os que desexen achegarse ó Monte Neme en bicicleta, farase unha subida conxunta dende Carballo, con saída as 9:45 horas dende o bar Dolce, fronte á piscina nova "Carballo Calero". A actividade, que se celebrará o día das cachelas, ó mediodía, será libre (de balde e sen apuntamento). Prégase ás persoas que se acheguen ata alí e se animen a participar neste aquelarre que vaian ataviadas con escuras galas: pantalón e camisola cor negra e xestas e fiúnchos para o ceo.
Comentarios