A USO estrea local en Carballo

A Unión Sindical Obreira (USO) deu un paso máis na expansión do seu modelo sindical libre, independente e reivindicativo coa inauguración da súa nova sede en Carballo, que prestará servizo a toda a comarca de Bergantiños e, por extensión, á Costa da Morte.
O acto institucional que tivo lugar a pasada semana contou coa presenza do secretario xeral confederal de USO, Joaquín Pérez da Silva, quen destacou a importancia estratéxica desta nova apertura: “A acción sindical ten que estar onde están os traballadores e as súas necesidades. Hoxe achegamos un sindicato plural, non partidista, moderno e útil ao corazón da Costa da Morte”.
Xunto a el estiveron Sergio Fernández, responsable da xestora de USO‑Galicia; Iván Blanco, secretario de Organización Estatal da FTSP‑USO; e unha ampla representación de afiliados, delegados sindicais e reponsables.
A este acto asistiron representantes políticos de Carballo e a súa bisbarra, ademáis de simpatizantes que quixeron arroupar a USO neste evento.