Evento
Comeza a XV Mostra de Teatro de Malpica

A Mostra de Teatro de Malpica cumpre 15 anos, e para celebralo, ademais das funcións de sala no auditorio do Centro Cívico, a Concellaría de Cultura organiza un ciclo paralelo de espectáculos en comercios e establecementos hostaleiros da vila. Esta semana arranca o seu particular outono teatral, no que realizarán un percorrido pola escena galega máis actual e divertida a través de 11 propostas escénicas moi variadas.
- 25 de outubro (20.30 horas). Producións Teatrais Excéntricas S.L.
Mofa & Befa - Cranios privilexiados ... ou crítica da razón perralleira.
Elenco: Josito Porto e Víctor Mosqueira
Duración: 85 minutos
Xénero: Comedia
Público preferente: maiores de 13 anos
Todos os espectáculos son de balde e ao remate de cada un recolleranse as valoracións do público, que poderá puntuar cada actuación do 1 ao 5, axudando deste xeito a mellorar cada ano a programación segundo os gustos dos/as espectadores/as.