Venres. 29.03.2024
El tiempo
que pasa na costa

Evento

Entroido Mariñeiro e Festa dos Follados de Corme

22/feb./2020
13:00 h
Entroido Marineiro de Corme 2020
Entroido Mariñeiro e Festa dos Follados de Corme

O Entroido Mariñeiro de Corme vén acompañado coa singular Festa dos Follados (tómao como queiras, reza o cartel). A cita será o sábado 22, con gastronomía e moita troula dende a sesión vermú ata a noite, da man da asociación cultural Comisión de Festas de Corme organizará, xunto co Concello de Ponteceso.

A orquestra La Ola ADN será a encargada de dar o “pistoletazo” de saída na sesión vermú que se celebrará na Praza da Ribeira ás 14.00 horas. Xa pola noite, compartirán escenario con Marmike durante a animada verbena que, como de costume, dará comezo ás 23.59 horas. A música da agrupación Xa Era Hora percorrerá as rúas da vila durante a ronda que realizarán a partir das 20.00 horas.
A xornada tamén deixará momentos de ledicia para os/as amantes do doces de Entroido, que poderán desfrutar dunha degustación de sobremesas, nas que non faltarán variedades aptas para todos os padais cunha ampla selección de produtos sen glute.
Os máis cativos/as tamén terán o seu momento de diversión e moita emoción durante a visita dalgúns dos seus personaxes infantís favoritos, xunto aos que se poderán fotografar polas rúas de Corme (zona de bares) ou a partir das 14h na carpa da sesión vermú.

Festa do Entroido do Martes

Ademais, o martes 25 haberá festa no pavillón de Corme. O Concurso de Doces Entroideiros, con premios en tres categorías: infantil, amateur e profesionais da hostalaría. Toma boa nota das bases de participación, que están ao teu dispor máis abaixo. Ás 17.30 horas terá lugar a recepción de sobremesas que desexen participar nesta singular e deliciosa actividade coa que se nos fará a boca auga. Desde
primeira hora, haberá inchables para que a cativada desfrute dunha tarde de xogos e risas. Arredor das 18.30 horas, entregaranse os premios aos gañadores/as para dar paso ao desfile de disfraces e unha degustación gastronómica coa que se pechará o Entroido 2020.

Comentarios