Evento
Exposición dos maiores de Marcos Rodríguez en Lires
13/set./2019 a 31/out./2019
20:00 h a 23:00 h
Liresca
17:41 12/09/19
Dentro das actividades programadas polo espazo turístico LiresCa (en Lirez, Cee), durante os meses de setembro e outubro na planta baixa, e aberto ao público en xeral, no seu Espazo LiresCa pódese ver a exposición do recoñecido fotógrafo Marcos Rodríguez: “Asunción; María e José. Xente anónima con nome propio”.
Unha exposición que xa ten pasado por varios puntos da comarca, e que se poderá visita de luns a domingo, de 08:00 a 14:00 horas, e de 20:00 horas a 23:00 horas.
Dos numerosos galardóns deste fotógrafo costeiro xa temos falando en innumerables ocasións, pero ter a oportunida de ver a súa ollada aos nosos maiores, permítenos vivir con cada foto unha historia vital, que nos leva de viaxe no tempo.
Novas relacionadas
- Marzo 2019: Marcos Rodríguez repite, por terceiro ano, como Fotógrafo Europeo do ano en categoría de Reportaxe.
- Marzo 2017: Marcos Rodríguez, o fotógrafo máis internacional da historia da Costa da Morte, expoñendo na casa.
- Xuño 16: Marcos Rodríguez homenaxea á xente da Costa da Morte a través dunha exposición de fotografía