Luís G. Soto expón o seu Diario de Viaxe sobre o Camiño dos Faros
07:34 03/05/24
A Tenda dos Libros de Ponteceso acolle a presentación do libro “O Camiño dos Faros (Diario de Viaxe). O seu autor Luís G. Soto, estará acompañado por Julia Ures, cofundadora do colectivo Pointeceso Cultura Permanente e Miguel Anxo Fernán Vello, director de edicións de Espiral Maior, este sábado 4 de maio ás 12:00h na libraría pontecesá.
Unha ocasión de viaxar polo litoral da Costa da Morte e coñecer de primeira man este tesouro turístico que non sabemos aprezar.