Evento
Festival Castelo Rock
04/ago./2018 a 04/ago./2018
7:00 h a 6:00 h
12:51 19/07/18
Xa falta pouco para a XV edición do Castelo Rock de Muros e os membros da asociación A.C.R.D. Praia do Castelo veñen de pechar o cartel despois de varios meses cociñando nel. En total serán oito grupos os que farán vibrar a vila os próimos 3 e agosto.
Riot Propaganda chega a Muros como un dos pratos fortes da fin da semana. Esta famosa banda formada por Habeas Corpus e Los Chicos del Maíz escolleron o Castelo Rock como a súa última actuación en Galicia antes de parar indefinidamente. Outro dos xigantes do festival será Lendakaris Muertos que chegan para presentar “Podrán cortas la droga pero no la primavera”; un dicos, que eles mesmos definen como “lendakarísimo e desgobernado”. No cartel do Castelo Rock tamén descata Non Servium, a banda punk por excelencia e aquí será a única presentación que fagan dentro da comunidade do seu disco “Resurgir”. El Último Ke Zierre traerá a Muros e sue novo traballo “El mutante del barrio chino”.
Dentro do Castelo Rock tamén teñen cabida os grupos da casa, así que bandas como Terbutalina, Liviao de Marrao, os Festicultores Troupe e os da casa Almanimal completan o cartel do XV aniversario deste festival.
Actividades paralelas
Ademais da música que encherá o escenario “Estrella Galicia”, o Castelo Rock trae consigo outras actividades paralelas para todos os públicos: xogos, maxia, pasarrúas e moita máis música para ambientar a vila. Para iso contarase con formacións como Indomable, Playa Cuberris, Lisdexia e Adhara & Ritman, entre outras.
Os abonos será de 19,90€ máis gastos de xestión ata fin de existencias e poderán conseguirse a través da páxina web do festival – www.castelorock.com -; www.entradasatualcance.com ou en calquera oficina de Correos. A zona de acampada é gratuíta e aforo é limitado polo que se recomenda mercar a entrada con antelación.
Máis novas Muros-musiqueiras
- 2018: O Castelo Rock xa ten cartel con gran presencia local para celebrar o seu 15º aniversario
- Comezan os Días de Verán con Lisdexia.
- A Factoría Nasmo volve armar a súa Noite de Rock.
- A Bisicleta, outro hit da factoria #SalaNasmo.
- 2015: Terbutalina publica o seu primeiro disco en vinilo.
- 2015: Terbutalina, Mellor Álbum en galego dos Paremios da Música Independiente.
- Almánimal, rock galego anticorrupción.
- Rosalía en clave de reggae costeiro co Adhara & Ritman.
Fonte
- REdacción de QPC ([email protected]).