Evento
Gala da Irmandade en Santa Comba
Achéganse citas na Costa da Morte no marco da programación do DAC Outono Cultural da Deputación. Especial incidencia terá a Gala da Irmandade, que terá lugar en Santa Comba, no auditorio do Multiusos, o 18 de decembro ás 19:00h.
A Gala da Irmandade é sen dúbida un dos pratos fortes do DAC-Outono Cultural 2016. Esta Gala está articulada en torno á historia e aos persoeiros máis relevantes das Irmandades da Fala.
AGala resultará moi atractiva para o público xuvenil e adulto porque conta co reclamo de primeiras figuras da música (Caxade), das artes escénicas (Luís Iglesia e Xabier Deive), da maxia (Teto), con participación local e cunha atractiva mestura de ingredientes e disciplinas: maxia, canto, danza, música ao vivo, humor e teatro. Esto é Sede de Mal, con Iglesia e Deive:
SEDE DE MAL PROMO from Culturactiva on Vimeo.