Evento
Mostra sobre a Imprenta
O vindeiro venres 22 de abril, chega a Muxía unha mostra sobre a historia da imprenta, que permanecerá exposta na Biblioteca Municipal dende o venres 22 de abril- véspera do Día do Libro- ata o 6 de maio. A inauguración será o mesmo venres 22, ás 19:30 horas, e será presentada o autor e organizador da mostra, Carlos Delgado Fernández, profesional no sector das artes gráficas dende 1958.
A mostra presenta en varios paneis a historia da imprenta dende 4000 anos antes de Cristo ata 1985, dun xeito moi didáctico, polo que é unha mostra moi recomendable para ser visitada por centros de ensino. Inclúe, ademais, unha mostra de carteis de impresión tipográfica e offset , diversos utensilios que se empregaban na imprenta antes da chegada da era dixital, e unha proxección na que se poden ver máis de 400 gravados.
A mostra pode visitarse en horario de apertura da Biblioteca Municipal, de martes a venres de 15:30 a 20:00 horas.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).