Evento
Presentación da guía De Santiago a Muxía por Brandomil
O Camiño “De Santiago a Muxía por Brandomil” xa ten a súa guía
A loita pola recuperación do camiño peregrino de Santiago a Muxía por Brandomil ten outro fito este sábado 16 de marzo. A presentación da guía “De Santiago a Muxía por Brandomil”, que terá lugar as 12:00 na mesma ponte medieval, é toda unha demostración de que este recuperado camiño histórico está para quedar.
Unha fermosa historia ademais, de recuperación patrimonial da veciñanza. Pois foi aló por 2016, cando os veciños da zona decidían poñerse a traballar para recuperar esta senda como Camiño peregrino. Foron sumando apoios institucionais, ata convertilo en toda unha realidade.
Será un dos nosos historiadores de cabeceira Manuel Vilar, o autor da guía, o protagonista da presentación, na que tamén Manuel Muíño, alcalde de Zas, Nieves Herrero Pérez, profesora da USC; Manuel Vilar, autor do libro, e Henrique Alvarellos, editor.
O acto incluirá a actuación musical de Sara Breijo.
A guía
O de Brandomil é o camiño máis directo entre Compostela e Muxía (ata Negreira coincide co Camiño oficial de Santiago a Fisterra-Muxía), empregado dende hai séculos por peregrinos e camiñantes, que ten como emblema a ponte medieval de Brandomil.
Unha ruta de 86 km, que a guía describe ao pé, con mapas, planos das etapas, lugares e monumentos que visitar, e lustrada con 75 fotografías.
Novas relacionadas
- 2018: 140 persoas secundan, a pé, o Camiño Santiago-Muxía por Brandomil.
- Setembro 2016: A ponte de Brandomil recupera a súa historia peregrina.
- Agosto 2016: A Asociación Grandimirum propón unha ruta xalleira alternativa do Camiño.
x; font: 12.0px Helvetica; min-height: 14.0px} p.p2 {margin: 0.0px 0.0px 0.0px 0.0px; font: 12.0px Helvetica}