Martes. 12.11.2019
El tiempo

A ponte de Brandomil recupera a súa historia peregrina

A ponte de Brandomil recupera a súa historia peregrina
Camino Santiago-Muxia por Brandomil

Se na outra banda do Camiño andan proxectando a mellora da seguridade dos peregrinos na Ponte Olveira, por Brandomil seguen facendo o Camiño para reivindicar a ruta que pasaba pola ponte cara Muxía.

Arrincaron a pasada fin de semana dende Compostela, e este sábado, na segunda convocatoria organizada pola Asociación Grandimirum, aumento a afluencia de “peregrinos” locais sumándose máis de 20 viandantes.

Precisamente a parroquia zasense de Brandomil foi o final da etapa dos case 30 km. Unha etapa que saía de Vilar de Torre e que pasaba por diante das casas de moitos dos participantes pola localidades de Trece, Costa, A Pereira ou San Cosme, seguindo as indicacións das frechas azuis marcadas polas diferentes asociacións involucradas.

A terceira e etapa farase o próximo sábado 10 de setembro, dende Brandomil ata Muxía, percorrendo os últimos 30 kilómetros, e chegando a Muxía.

O Concello de Zas colabora coa asociación Grandimirum neste proxecto de recuperación histórica.

Novas relacionadas

Fonte

  • Asociación Grandimirum.

Comentarios