Evento
XI Festa Africana de Mazaricos
Continúa a ONG Egueire vinculando a realidade africana, concretamente de Costa de Marfil, coa Costa da Morte, con Mazaricos. Actualmente os proxectos primordiais da entidade que se están levando a cabo son o sostemento da maternidade que se inaugurou en decembro de 2017, a creación dunha granxa–escola e a colaboración co orfanato “Amigos do sorriso”, coaa “Plataforma Sanidade” de Grand-lahou e con cooperativas de mulleres que afuman pescado para poder conservalo e vendelo e produtoras de legumes.
Para axudar a manter vivos estes proxectos, a entidade organiza unha nova Festa Africana en Mazaricos, xa na súa XI edición. O vindeiro 6 de xullo, a cita comezará as 12:00h na Aula de Medios Audovisuais do CEIP A Picota onde terá lugar o visionado do film “Tigernut” de Antxon Monforte. Un documental no que se mostran as duras condicións e estafas polas que pasan os traballadores de chufa en África. Dito documental aínda que é descoñecido para a maior parte da sociedade, é un dos documentais mais internacionais de España en 2018: pois foi elixido por 19 festivais do mundo, como os de Nueva York, Cannes, Roma, Praga...
O redor das 14:00h comezará o xantar no Recinto Feiral A Picota que será amenizado polo grupo ceense Peta Forte e as Pandereteiras da Asociación As Neves de Buxantes. Finalizado terá lugar a gran actuación dun grupo de bailes tradicionais de Ángola.
O donativo aconsellado e de 20€ e pode facerse o ingreso na conta de Abanca que aparece no cartel ou poñerse en contacto con algún dos membros da ONG a poder ser antes do 3 de Xullo.
Novas relacionadas
- As Miradas de Marfil de Marcos Rodríguez enchen de compromiso o Claustro de Fonseca da USC.
- Decembro 18: Egueire pecha o seu décimo aniversario disfrutando en Mazaricos dos seus éxitos en Costa de Marfil:
- Decembro 17: Egueire inaugura a nova maternidade de Costa de Marfil con acento da Costa da Morte.
- Febreiro 18: 170 persoas disfrutaron do cocido solidario de Egueire axudando aos seus proxectos.
- Decembro 17: Egueire inaugura a nova maternidade de Costa de Marfil con acento da Costa da Morte.
- Novembro 17 A experiencia de Égueire en Costa de Marfil.
- Festa Afrricana 2017: Gran acollida á Festa Africana de Egueire en Mazaricos.