![Xornadas Micoloxicas Cee 2018]()
Xa están aquí, un ano máis, as Xornadas Micolóxicas da Costa da Morte. Unha cita xa convertida en tradición, que cumple 18 anos (cando canda o século), pero que nos últimos tempos está tendo serios problemas co clima. Este 2018 as xornadas desenvolveranse os días 3 e 4 de novembro, na Casa da Cultura de Cee, pero a chuvia está chegando co tempo xustiño para conseguir reunir as 200 especies que o colectivo Pan de Raposo expón cada ano.
O programa XVIII Xornadas Micolóxicas da Costa da Morte
![Xornadas Micoloxicas Costa da Morte 2018]()
Un ano máis, o programa das Xornadas terá varios puntos de atención. O centro neurálxico volverá ser a xa mítica exposición de cogumelos, con esas preto de 200 especies recollidas polos nosos montes na mesma semana. Ao seu redor haberá varias visitas guiadas, tanto o sábado da man do propio Marcote como o domingo con Manuel Pose Carracedo.
Aparte da exposición de cogomelos, tamén se exporán traballos dos nenos dos colexios da zona, funcionará un “Taller de traballos manuais e xogos para nenos” durante o horario de exposición .
Haberá tamén interesantes charlas, da man de Chemi Costa Lado e os cogomelos da madeiras, como de Marcote sobre a Ascomyecetes.
Hai varias novidades este ano como o “Taller de microscopio en vivo” no local da exposición, a cargo de Chemi Traba, en horario de exposición; e mais o “Taller de cociña de cogomelos”, utilizando Cantareláceas e outros cogomelos das Fragas do Eume, a cargo de Antonio Díaz Calvo (Chef do Restaurante Andarubel de Pontedeume), na Praza de Abastos de Cee, o sábado 3 de novembro as 20,30 h.
Novas relacionadas
https://quepasanacosta.gal/como-sigamos-asi-imos-ter-que-retrasar-por-mor-do-cambio-climatico-as-datas-das-xornadas-micoloxicas/