Xoves. 25.04.2024
El tiempo
que pasa na costa

Evento

XXII Festa do Bolo do Pote de Mazaricos 2020

01/mar./2020
13:00 h
Feira da Picota
XXII Festa do Bolo do Pote de Mazaricos 2020
XXII Festa do Bolo do Pote de Mazaricos 2020

A gran festa gastronómica de Mazaricos chega este 1 de marzo como peche de Entroido. Xa o 29 haberá menús polos restaurantes de Mazaricos, pero a gran cita do XXII Festa do Bolo do Pote de Mazaricos 2020 será o domingo, con este manxar tan galego.

Non faltarán os Entruideros de Arcos co Exército dos Panos ao completo!

Coma sempre, unha parte da festa, a dominical, celébrase na carpa, pero outra faise nos establecimentos hostaleiros da zona, que serven menús especiais (bolos do pote, cocido de grelos, postre, viño e café) durante a fin de semana.

Este ano participarán once locais hostaleiros, nove deles para xantares, Verxel, Efe-Eme, Casa Jurjo, Vinculeiro, Alborada, Manduca, Virxe da O, Campamento Corzón e Barallas, e dous para degustación, O Pallote e Casa Senra. Ademais de sumar un bo número, a novidade é que, por primeira vez, participan locais de fóra da Picota, en concreto de Pino de Val, Busto e Quintáns, ambos en Corzón.

O domingo será a degustación de balde na carpa, onde está previsto servir preto de dúas mil racións de bolo do pote. Haberá música para amenizar e, se o tempo o permite, inchables para as e os máis pequenos. As persoas que vaian á degustación tamén poderán ver o derradeiro desfile deste Entruido do Exército dos Panos comandado polos entruideiros de Arcos.

Comentarios