Evento
XXIII Rapa das Bestas de Vimianzo 2019
20/xul./2019 a 21/xul./2019
17:00 h a 17:00 h

14:07 16/07/19
O Campo de Areosa acolle os sábado 20 e domingo 21 a mítica cita coa Rapa das Bestas da Costa da Morte. A cita vimiancesa nada ten que envexar á famosa de Sabucedo, e manténdose moi viva como unha cita moito máis auténtica.
O sábado ás 9:00h xa baixan as bestas ata o cerco. Pola tarde haberá ruta a cabalo e degustación de poldro.
O domingo a partir das 11:00h comeza o espectáculo no campo.